Manuel Angel Carreira Varela, premio do Certame Galego de Arte de Begonte

Manuel Ángel Carreira Varela foi elixido hoxe como o primeiro premiado do XXIX Certame Galego de Arte de Begonte ‘José Domínguez Guizán’. Así o deu a coñecer, no edificio administrativo da Xunta, o xurado do concurso formado pola Directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro Rodríguez, os pintores Manuel Gulín Rodríguez e Gonzalo Sánchez Folgueira-Zalo; ademais do secretario, sen voz nin voto, en representación do centro cultural organizador, Xulio Xiz Ramil.

O xurado acordou, por unanimidade, manifestar a súa satisfacción pola cantidade e calidade das obras presentadas (25), con un abano de temas e estilos dun “excelente nivel”, merecendo destacar a obra da máis moza dos participantes, Emma María Rego Eiroa, de 15 anos de idade, de Viveiro, coa súa obra Morriña, como exemplo de aprendizaxe temperá; e as dos máis veteranos Carmen Lolo Pombo e Luis Maceira Crespo, polas súas “sempre excelentes aportacións”.

O premio, dotado con 1.500 € e unha estatuíña de Sargadelos, concedeuse á obra Máis aló desta vida, presentada polo pintor lucense Manuel Ángel Carreira Varela. Asemade, o xurado concedeu cadansúa Mención de Honra, pola calidade dos traballos de Eduardo Pérez Baamonde e a Manuel Carballeira Rivas.

A entrega de premios efectuarase o próximo 26 de xaneiro de 2019, sábado, no decurso dos actos de clausura de O Nadal de Begonte.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com