Manuel Martínez Núñez, presentará varias mocións ao próximo Pleno

A primeira é para solicitarlle ao Goberno Central, con copia á Xunta de Galicia “que de maneira automática rebaixe o IVE do 21% ao 4%, e esta rebaixa da enerxía eléctrica afecte a todos recibos domiciliarios, por iso, e independentemente das propostas que finalmente se acorden e doutras medidas que se poidan levar a cabo, co fin de rebaixar a tarifa de maneira rápida e urxente, dado que o servizo eléctrico é un servizo social, básico e necesario para toda a poboación, debe de rebaixarse o custo da enerxía eléctrica para os todos os usuarios domiciliarios”.

Outras proposta teñen que ver cos medios, que xa ten demandado, para realizar as súas funcións para, elo e previamente solicita “levantar o reparo formulado pola Sra. Interventora e en consecuencia manter os termos do acordo adaptado en sesión plenaria de data 27/09/16 no punto 14”.

Dotar o Deputado non Adscrito dun despacho ou local na sede da Corporación Provincial, para traballar de xeito independente e recibir visitas de cidadáns, dotado da infraestructura necesaria de medios persoais, e un posto de auxiliar administrativo, e materiais para o seu funcionamento, tal como dispoñen os outros”. “Recoñecer unha dedicación exclusiva ao Deputado non adscrito, que se fara efectiva previa petición deste; e Incluir no orzamento para o ano 2017 as partidas que permitan cumprir ditos acordos.

Asemade instar a aprobación da seguinte proposta, “nomear ao Diputado non adscrito membro da Comisión Especial de Contas e da Xunta de Voceiros, engadido o nomeamento xa feito para as restantes Comisións Provinciais”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com