En Marea demanda máis Puntos de Encontro Familiar na provincia de Lugo

Os deputados de En Marea Paula Vázquez Verao e Marcos Cal, acompañados da voceira de Lugonovo Cristina Pérez, visitaron esta mañá o Punto de Encontro Familiar (PEF) de Lugo para coñecer as principais necesidades deste servizo fundamental para os menores en situación máis vulnerable.

Trala visita, que se enmarca nunha rolda que están facendo deputadas e deputados da formación polos PEF de todo o país, En Marea trasladaralle á Xunta a necesidade de que na provincia de Lugo reforce a atención con máis centros, pois usuarios da Mariña Luguesa ou do sur da provincia teñen que realizar longos desprazamentos, en ocasións varias veces por semana, para o cumprimento do réxime de visitas.

“É necesario que nunha provincia tan extensa e con tanta dispersión poboacional, se habiliten máis Puntos de Encontro Familiar a nivel comarcal”, indicou a deputada por Lugo Paula Vázquez Verao, que tamén engadiu que demandarán que se incremente o orzamento do PEF “tanto para persoal como para material”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo