" />

En Marea esixe a dimisión do alcalde de Palas de Rei

O voceiro de En Marea esixiu a dimisión inmediata do alcalde de Palas de Rei ante o que considera unha “falla de decencia democrática” por parte dunha persoa que tras ser condenada por prevaricación e acoso laboral continúa no cargo o que supón “unha falla de respecto absoluta a toda a veciñanza de Palas que non se merece un alcalde coma este”.

“De nada vale que o alcalde diga que vai recorrer a pena imposta pola Audiencia Provincial de Lugo porque o artigo 62 da Lei orgánica do réxime electoral xeral establece que a condición de inelixible polo tanto para continuar desempeñando o cargo de alcalde para unha persoa así con independencia de que a sentenza non sexa firme. E isto é aplicable aos supostos de condena por prevaricación como ten sinalado reiteradamente a xunta electoral central” explicou Villares.

Por esta razón, En Marea considera que non debe continuar “un minuto máis” ao fronte da alcaldía de Palas de Rei. Ademais a dirección xeral de administración local debe esixir de xeito inmediato e no caso que non o faga debe tomar as medidas incluso legais oportunas. Estase a vulnerar a lei unha vez máis por parte de alguén que estaba moi acostumado a facelo e pensa que pode continuar a facelo con total inmunidade.

O voceiro de En Marea reclamou ao Partido Popular así mesmo que deixe de apoiar ao alcalde. Villares lembrou que o alcalde de Palas de Rei membro do Partido Popular que deixou o partido despois desta imputación pero foi escollido polo PP e sigue estando na alcaldía grazas ao apoio do PP. “É inaceptable que Balseiro e Elena Candía manteñan a un señor condenado por prevaricación e acoso laboral a unha funcionaria. Deben esixir a dimisión inmediata e de non facelo terán que retirar o apoio. De non facelo serán cómplices” concluíu Villares. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo