A Marea Galega de Lugo creará unha rede provincial para integrarse nunha plataforma unitaria galega

O Encontro Aberto para unha Marea Galega celebrado este sábado en Lugo, ao que asistiron, entre outros, os voceiros de Lugonovo, Santiago Fernádez Rocha e Bernardino Pardo Teixeiro; así como o deputado Miguel Anxo Fernán Vello, xirou arredor da creación dunha Rede Lugo de candidaturas veciñais ou plataformas de unidade popular. A xuntanza servíu para establecer unha apertura á expansión e integración de individuos de localidades onde non houbo este tipo de candidaturas, para “expandir o movemento por todo o territorio e chegar a calquera poboación, con independencia do seu tamaño ou demografía”. “É un proceso aberto onde as ferramentas informáticas e as novas tecnoloxías teñen que ser fundamentais no traslado de información”. Informan nun comunicado.

Na xuntanza tamén se tratou a posibilidade de axudar no proceso de constitución e conformación da candidatura dunha Marea Galega, “reclamando a unidade das iniciativas existentes e demandando que se faga con procedementos e programas participativos, con adscrición individual, con elección de candidaturas en sistema de primarias e conformando o partido instrumental que permita a representatividade de todos e todas, así como dotándose dun código ético que rexa a actividade da representación política”. “O ánimo da Rede é buscar por tódolos medios os puntos de unidade, recoñecendo o traballo feito ata agora e sempre en positivo aportando todo o esforzo a unha forza unitaria”, continúa o comunicado.

 Nesta xornada tamén se analizaron “os problemas comúns a Migtódolos concellos, co fin de abordar as necesidades en campos como a financiación local, os problemas do catastro no medio rural, a Lei do Solo, os problemas coas comunicacións, o coidado dos ríos e o medio natural, a necesidade do acceso ás tecnoloxías da comunicación, a Sanidade e, en xeral, a desastrosa situación do medio rural onde a Rede quere ser ferramenta para abordar os problemas de despoboación, emigración e ruína da economía do sector primario”. Ademais incidiuse “a insoportable situación creada na Deputación Provincial, coa paralización dos orzamentos, o que se traduce en consecuencias nefastas para a financiación de proxectos polo territorio”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com