" />

Marea Galeguista: É Prioritaria e urxente a investigación para a adaptación ao cambio climático

O cabeza de lista pola candidatura da Marea Galeguista por Lugo, Iván Rodríguez Lombardero, participou na tarde de onte do debate organizado pola plataforma DivulgAcción sobre as propostas que, en materia de ciencia, ofrecen as diferentes forzas políticas que concorren ás eleccións galegas.

“Existe un consenso entre todas as formacións que aspiran a representar á cidadanía nas vindeiras eleccións, para elaborar e desenvolver un Plan Galego de Investigación conxuntamente. Non podemos deixar pasar esta oportunidade”, comentou Lombardero ao remate deste acto.

Entre outras propostas defendidas polo representante da Marea Galeguista, o candidato definiu cómo ” Prioritaria e urxente a investigación para a adapatación ao cambio climático, á eficiencia enerxética e ás renovables, así como no eido da saude epidemiolóxica ou, mesmo, para atallar determinadas emerxencias sociais”.

O cabeza de lista tamén denunciou a situación actual e a perda de talento no noso país, froito do desinvestimento “Unicamente estamos a investir un 0.95% do PIB frente ao 1.24 da media estatal” a descoordinación, a ausencia dunha carreira investigadora estable e da fenda de xenero.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo