" />

Mariña Patrimonio organiza unha video-conferencia impartida por Felipe-Senén

Mariña Patrimonio está a organizar para ser difundida o vindeiro venres 31, ás 19.30 unha video-conferencia que será impartida polo coñecido arqueólogo e museólogo Felipe-Senén López Gómez, quen foi, durante vinte dous anos responsable do Museo Arqueolóxico da Coruña, constrinxido no Castelo de San Antón, e outros tantos técnico de xestións cultural na Deputación da Coruña.
 
Segundo nos anuncia, “pasearemos pola interacción que supón a cultura, a simbiose das artes. Patrimonio ideolóxico ou inmaterial, inmoble e moble, o estado actual en relación con países que consideramos modélicos…a potenciación dos  centros de recepción de visitantes. Continentes arquitetónicos que implican canto pode necesitar o visitante antes de internarse no patrimonio: servicios, gastronomía, información, merchandaise, interpretación do monumento e museo…”
 
O enderezo electrónico para acceder é: https://es-es.facebook.com/marinhapatrimonio , onde, á hora indicada, se poderá asistir en directo ao interesante relatorio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo