Martínez: “A opinión pública perdémola porque con 8M€ de publicidade cómpranse moitas vontades”

O candidato á alcaldía de Becerreá por Galicia Sempre e actual deputado non adscrito na Deputación de Lugo, Manuel Martínez, pasou polo plató de XornaldeLugoTV onde analizou a realidade do seu partido e da corporación provincial, á que aspira levar un membro do seu grupo tras as eleccións.

Martínez comezou por agradecer o traballo do seu grupo que ” sendo un partido neonato ao final temos tantas listas como algúns partidos a nivel nacional”, equipos de xente normal, “sen ataduras”, que traballaron arreo toda a camapaña para poder presentar “cinco candidaturas con posibilidade de representación”.

En canto á súa relación coa Deputación, o becerrense, que tamén e presidente da Sociedade Urbanística Provincial (Suplusa), asegurou que, no tema das residencias provinciais, “se cadra, a opinión pública perdémola porque con 8 millóns de euros de publicidade cómpranse moitas vontades”.

Martínez aclarou, a este respecto, que é “Suplusa quen ten todas as autorizacións da Xunta para abrir tres destas residencias”, e advertiu do perigo que pode conlevarlle á Deputación abrilas sen a xestión de Suplusa, institución titular dos Permisos de Inicio de Actividade.

Para ver a entrevista a Manuel Martínez ao completo e coñecer un pouco máis das propostas do seu partido, poden entrar na nosa canle de Youtube.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo