Martínez en disposición de aprobar os orzamentos da Deputación

O alcalde de Becerreá; Manuel Martinez, podería estar negociando un acordo cos seus ex-compañeiros do PSdG para votar a favor dos presupostos na Deputación de Lugo. Para elo solicita unha serie de propostas nas que se inclúe formar parte da Xunta de Goberno. Esta petición choca frontalmente co posicionamento do BNG. Consciente dilo, Martínez estaría disposto a apoiar ditos orzamentos se hai unha partida para comezar a residencia de Becerreá.

De todos os xeitos, hai que recordar, que estas propostas forman parte das conversas que se están a levar a cabo entre as dúas partes e haberá que agardar a como se desenvolven as mesmas, para saber se a Deputación de Lugo conta por fin, cuns presupostos para o ano en curso.

Malia a todo, non deixa de ser unha boa noticia que se estea a falar da aprobación dos presupostos, xa que, en tanto non estean aprobados, fai que as distintas áreas do Organismo Provincial estean traballando a ralentí.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com