" />

Martínez permanecerá os catro anos na Deputación sen apoiar nada que beneficie ao BNG

Manuel Martínez compareceu esta tarde, perante os medios de comunicación, na sede do partido socialista en Lugo para explicar o seu proceder, logo da moción de censura presentada polo seu grupo e os nacionalistas contra a popular Elena Candia.

No transcurso da rolda de prensa Martínez acusou ao BNG de ter chantaxeado ao partido socialista para que non cumprira o acordado con el  e que foi enganado polo seu partido en varias ocasións. El mantivo a súa palabra, dende o día 23 de xuño cando lle dixo a Besteiro que el non renunciaría a ser Presidente da Deputación, o solicitara o Bloque ou non.

Houbo unha primeira reunión en Nadela onde se lle pide que abandone a opción de ser presidente, porque está perxudicando ao partido e aos intereses políticos dos socialistas; pero a resposta de Martínez é que se mantén no que xa comunicara. Posteriormente invitaselle a ir a unha reunión co bloque a Santiago porque había uns negociadores do Psoe, que segundo Martínez, non tiñan moitas gañas de negociar. Acude a Santiago a esa reunión cos representantes do BNG, onde había tres persoas do partido socialista: a secretaria de organización, Pilar Cancela, Darío Campos e o propio Martínez e polo BNG Goreti SanMartin e cree que o secretario de organización. Nesta reunión, que nun momento determinado chegou a subir de ton, comunicaselle por parte do BNG que aínda que o desimputen non vai a ser presidente da deputación cos seus votos. Martinez narrou como foi tratado de forma vexatoria por parte do representante do BNG. Logo da reunión, representantes do Psoe ofréceronlle a Martínez “o que se di agora unha saída digna” que rechaza e comunicalles que ou é presidente ou non haberá moción de censura.

Sobre principios de agosto, e despois de que moitos compañeiros e persoas coñecidas lle solicitan que dera marcha atrás, decide comunicarlle ao hoxe presidente, Darío Campos, que está disposto a renunciar a presidencia e que comecen as negociacións co BNG, pero comproba que non hai moita presa para facer a moción de censura.

Nunha segunda reunión na última semana de agosto, en Nadela cos alcaldes socialista e deputados, solicítanlle que renuncie tamén á Vicepresidencia ao que tamén accede, sinalando que esa será “a liña vermella”, polo que o acordo quedaba en “que estaría na comisión de goberno e levaría como na anterior lexislatura o Parque Móbil e Vías e Obras. Este é un compromiso que se acadou entre todos os presentes que asistían á reunión e que se o Bloque poñía outras condicións eles non cederían”.

A partir de aí non volve ser convocada ningunha reunión nin volve ter ningún contacto, e o 24 de setembro, comunícanlle que están negociando co Bloque e que todo está amañado, basicamente o seu.

Nunha reunión posterior en Rábade, cos deputados do Psoe asinase o acordo para a moción de censura.

Chegada a moción,  Martínez vota a favor dela pero o Bloque vétao para estar na Comisión de Goberno porque din que non se fían del,  e o seu partido cede ante esta nova chantaxe.

Asemade Martínez falou das fotos con Elena Candia, explicando que se reuniu con ela dúas veces para tratar temas, unha das veces sobre os funcionarios que estiveran traballando co Partido Popular na Deputación estes meses e noutra onde Elena Candia lle comunicou que o ían enganar; mesmo xogaron unha cea, que si iso sucedía, pagaría Martínez e senón Candia, e polo que parece, bromeou Martínez “vou ter que pagar esa cea”.

Rematou como comezara, que non vai apoiar nada que beneficie ao BNG “porque se o BNG non quere nada comigo, eu tampouco quero nada co BNG”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo