Martínez versus Santín

Solucionado o culebrón da alcaldía de Lugo, ábrese outro asunto, se cabe, de maior importancia para a vida orgánica do Psdg-Psoe de Lugo. Non é un tema menor, pois cando  se abre un proceso electoral interno sempre, como en calquera outro proceso, hai gañadores e perdedores e ese escenario é o que menos lle interesa a un partido. Se ademais esta situación se produce nun momento preelectoral como no que xa estamos inmersos, hai que poñer todos os medios para solucionalo cos menos danos colaterais posibles.

Terá pois, José Ramón Gómez Besteiro que xestionar de xeito impecable este novo reto que se lle presenta para que suceda o que suceda os custes persoais  e políticos dos dous bandos sexan os mínimos.

Manuel Martínez, alcalde de Becerreá di que conta con avais suficientes para presentar a súa candidatura. Pola súa banda González Santín aínda que non presentou a súa oficialmente, todo parece indicar que o fará a vindeira semana, e será o candidato do aparato do partido.

Así as cousas, a Gómez Besteiro presentáselle  un novo reto ao que enfrontarse, se sae airoso como no caso Orozco, o Secretario Xeral do Psdg estará preparado para calquera eventualidade que se lle presente no futuro.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com