" />

Masa Crítica convoca para o xoves una novo paseo lúdico en bicicleta

O frío non nos bota cara atrás”, declaran os organizadores de Masa Crítica. Ben abrigados/as e como todos os últimos xoves de mes desde hai máis de 9 anos, o vindeiro día 26 celebraran en Lugo unha nova edición da “Masa Crítica” (a masa crítica é un paseo colectivo e lúdico en bicicleta pola cidade reivindicando o uso da mesma como medio de transporte ecolóxico, económico, saudable e divertido, facendo da cidade un espazo máis humano, sen ruídos nin contaminación), á que están convocados/as ciclousuarios/as lucenses.

Saída, como sempre, ás 20:15 desde a Praza Maior (diante do Concello) e nun ambiente de festa e diversión (música,…) seguiremos a reivindicar o uso da bicicleta como medio de transporte na cidade.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo