Mayra García: “Besteiro garante a sostiblididade dos nosos montes”

A número tres da candidatura socialista pola provincia de Lugo ás eleccións autonómicas, Mayra García reivindicou en Foz o liderado de José Ramón Gómez Besteiro porque “precisamos un novo modelo forestal que garanta a sostibilidade dos nosos montes, co que favorecer a produción e a  conservación, que equilibre a produción e que sexa efectivo na loita contra o abandono e os lumes forestais”.

A candidata trasladou esta necesidade nun encontro con veciños e veciñas da parroquia de San Acisclo en Foz, unha das máis afectadas xunto á parroquia de Santa Cilla pola vaga de incendios que asolagaron a Mariña o pasado mes de outubro. Trala reunión, Mayra Bermúdez, acompañada polo Alcalde de Foz, Francisco Cajoto, denunciou a xestión forestal da Xunta nesta catástrofe onde o lume devastou 230 hectáreas na Mariña”.

“Queremos trasladar unha vez máis a falta de compromiso e incumprimento do Goberno de Rueda, quen prometeu á veciñanza charlas divulgativas antes de talar os montes, ou a compra de maquinaria para poder arranxar camiños”. “Nada se fixo, e nada se fará”, engadiu a candidata, “porque a Xunta non ten política forestal durante o resto do ano, non hai brigadas contratadas polo Goberno autonómico, non hai mantemento dos depósitos de auga, nin planificación no monte, ou concentración parcelaria forestal”.

Políticas que “reverteremos a partir do 18F si Besteiro lidera o cambio que precisa Galicia, e tendo en conta a importancia que supón o sector forestal como fonte de riqueza para unha comarca como a da Mariña”. Farémolo cun modelo de xestión sostible, “apostando pola innovación forestal, incrementando os recursos para a investigación, cun plan de xestión e ordenación dos nosos montes, e prestando especial atención á xestión das brigadas forestais e ás condicións laborais dos seus integrantes”, sinalou a socialista.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com