Medio Ambiente atenderá, dende outubro, as avarías de auga de forma inmediata todos os días do ano

A Área de Medio Ambiente atenderá, dende outubro, as avarías de auga que se detecten na rede de abastecemento municipal de forma inmediata durante os 365 días do ano.

O executivo de Lara Méndez implantará, no prazo aproximado dun mes – tempo preciso para rematar o procedemento administrativo que supon este servizo, logo de que a Xunta de Goberno desta semana outorgase a adxudicación para executar tanto o arranxo de fugas fóra do horario da Brigada de Augas como todo tipo de traballos en apoio á mesma. “O obxectivo é garantir de forma permanente e continuada unha prestación fundamental para a cidadanía, ante a imposibilidade de que o persoal municipal poida reparar tódalas incidencias que afecten aos elementos da rede de distribución de auga potable, ben sexa por unha cuestión de dispoñibilidade horaria dos operarios, ben pola falta dos medios que esixa, en concreto, cada actuación que se realice”, explicou Álvaro Santos.

O concelleiro sinalou que a oferta presentada por FCC Aqualia foi a máis vantaxosa das catro empresas que concorreron á convocatoria pública ao establecer unha maior porcentaxe de desconto sobre o cadro de prezos sinalado pola Administración local que estableceu, ao efecto, un orzamento de 121.000 euros por exercicio. “A nosa pretensión – sostivo Santos Ramos – é poder atender con inmediatez, e sen ter que recorrer a contratos de emerxencia para solventalo, calquera problemática que se detecte nas canalizacións da cidade, independentemente do momento no que se produza, de maneira que a subministración non se vexa interrompida máis que o tempo necesario para proceder ao seu amaño”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com