Medio Ambiente convoca unha nova liña de axudas para adquisición de vivendas en centros históricos

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda convocará mañá a través do DOG a primeira orde de axudas para a adquisición de vivendas en centros históricos dirixida especificamente ao colectivo de menores de 35 anos. Así o anunciou esta mañá a conselleira Ángeles Vázquez durante unha visita a Mondoñedo, un concello cun dos centros históricos máis antigos de Galicia e onde os mozos interesados poderán acollerse a esta novidosa liña de subvencións, dotada en total de 800.000 euros.

Concretamente, a Xunta subvencionará con ata 12.800 euros a compra de inmobles localizados nos centros históricos dalgunha das sete grandes cidades e con ata 10.800 euros no caso de que a vivenda se emprace no casco vello de calquera outro concello. “O que queremos é levar aos mozos aos centros históricos das nosas vilas para que leven a cabo o seu proxecto de vida”, explicou Vázquez Mejuto, quen recalcou que a Xunta é consciente de que este colectivo é un dos que máis dificultades ten á hora de independizarse e acceder a unha vivenda, xa sexa en réxime de alugueiro ou en propiedade.

Este tamén é o fin doutra das liñas de axudas que ofrece o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) aos menores de 35 anos. Así, a conselleira referiuse á convocatoria realizada o pasado mes de xaneiro da orde de axudas para a adquisición de vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes, dirixida tamén ao colectivo de mozos. Segundo as estimacións da conselleira, a través destas subvencións, tanto das convocadas o ano pasado como das deste, a Xunta axudará a arredor de 150 mozos a adquirir unha vivenda en propiedade

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com