Medio Ambiente do Concello de Lugo repara un colector da estrada Lugo-A Fonsagrada

O edil de Medio Ambiente do Concello de Lugo, Álvaro Santos, anunciaba hoxe que comezaron as obras de reparación do colector de saneamento que días atrás provocou o afundimento dunha parte da calzada na Estrada LU-530 á saída de Lugo.“Logo de que os técnicos abriran parte da calzada para localizar a fuga no colector de saneamento, observouse que nunha unión, rexistrábanse filtracións que eran as causantes do afundimento dunha parte da calzada, determinándose a necesidade da súa reparación”, indicou o concelleiro.

Dende a área de Medio Ambiente informan que, a reparación consiste no cambio de diámetro e material de tubaxes ademais de executar neste punto un pozo de rexistro que recolla os dous tubos, garantindo a estanquidade neste tramo. A obra de rexeneración de firme na estrada LU-530 estimase que remate a finais desta semana.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com