" />

Medio Ambiente incrementará a calidade da auga da billa coa renovación do carbón activo da Planta Potabilizadora

A área de Medio Ambiente, dirixida por Álvaro Santos, incrementará a calidade da auga da billa coa renovación do carbón activo da Planta Potabilizadora de Lugo, logo de que esta mañá o Pleno da Corporación autorizara o investimento.

En total, destinaranse a esta subministración 247.934 euros co fin de fornecer á ETAP deste material co que se aborda a preparación da auga para o seu consumo, “mellorando as súas cualidades organolépticas (color, olor, sabor, turbidez, etc) e, fundamentalmente, o seu sabor xa que ten un tamaño de partícula máis pequeno que a area, o que posibilita non só un maior filtrado senón tamén un incremento da absorción de contaminantes”, sinalou o edil.

A entrada en vigor, en 2009, do RD140/2003 endureceu os límites permitidos de trihalometanos – a substancia que se forma ao reaccionar a materia orgánica co cloro utilizado na potabilización – diminuíndo os niveis de presenza até os 100 µ g/ l. Valores que se manteñen na actualidade e que, no caso da traída pública de Lugo, aínda se sitúan en cantidades moi inferiores aos autorizados.

Así se constata nas conclusións dun estudo elaborado por un laboratorio externo (acreditado pola norma ISO17025:2017) e que reflicte que, logo de 104 analíticas realizadas á ETAP de Lugo entre 2019 e 2020, se pode certificar que este parámetro cumpre sobradamente coas esixencias sanitarias en vigor.

Una circunstancia que, segundo indicou o propio concelleiro, “pon de manifesto a aposta decidida do goberno de Lara Méndez non só pola sostibilidade senón tamén pola calidade dunha prestación pública esencial para a cidadanía así como pola creación de infraestruturas que, no seu día, chegaron a ser pioneiras en todo o noroeste peninsular”.

Santos Ramos explicou, alén, que a construción e posta en marcha da nova Estación de Tratamento de Auga Potable, en 2010, incorporou á potabilización da auga un moderno proceso de ozonización que permite baixar a valores inferiores dos 100 µ g/ l esixidos nese RD140/2003 (posteriormente modificado polo RD902/2018).

“Isto conséguese ao utilizar o ozono como axente desinfectante – oxidante na primeira etapa do proceso que logo se completa nunha das súas últimas fases de tratamento co carbono activo que se encarga de reter praguicidas, materia orgánica así como toxinas e outras substancias, de maneira que se obtén como resultado unha auga sen cheiros, nin sabor, apta para a súa inxestión tanto humana como animal e tamén para a rega, chegando á billa en perfectas condicións de equilibrio e, á súa vez, sendo agradable para os sentidos”, concluíu o concelleiro de Medio Ambiente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo