Medio cento de postos municipais están cubertos de forma irregular

49 postos de emprego do Concello de Lugo están cubertos irregularmente. Así se desprende un informe levado a cabo polo secretario xeral do pleno do Concello e pola vicesecretaria, a petición do interventor municipal.

O estudo realizado detectou certas irregularidades no cobro de salarios por parte de numerosos empregados do concello. Unha situación que puxeron onte de manifesto na mesa de negociación entre Concello e sindicatos con vistas á redacción nunha nova Relación de Postos de Traballo (RPT).

O informe revela que preto de medio cento de empregados ou ben están a ocupar postos para os cales non teñen o grupo, escala ou categoría necesarios, ou ben cambiaron de posto coa fórmula de atribución temporal de funcións ou de atribución de obrigas e deberes que, segundo se indica, se utiliza “de forma recorrente”.

Tamén se dan cambios de posto por “traslado ou atribución de funcións por motivos de doenza”, en concreto 18, nos que non constan informes que avalen este traslado nin normativa que se lle poda aplicar.

Con todo, estes 49 postos de traballo, foron aprobados con anterioridade á chegada de Lara Méndez á alcaldía. Unha razón que non lle basta ao Partido Popular para acusar á rexedora de “ser cómplice” da política de persoal de “20 anos do PSOE”.

O voceiro do PP, Ramón Carballo, amosaba así o seu asombro pola actitude da alcaldesa que, dixo, “bota balóns fóra” cando ela é “a responsable da política de persoal”.  Así os populares xa anunciaron que estudiarán a posibilidade de pedir a comparecencia da edil, Paula Alvarellos, responsable da área de persoal, para avanzar que pasos vai dar o goberno para poñer coto á “grave situación” que vive o persoal municipal.

Novas relacionadas

  1. Lobbys
    Out 05, 2019 - 06:34 PM

    DDee que cisma habla la periodista?? No querían Rpt porque todos los que estaban en contra tenían algo que callar y tapar. USO, AGORA, CIG. Sólo hay que ver los cabecillas de esos sindicatos donde están y como consiguieron los puestos. Lógico que estuvieran en contra de la Rpt. Los puestos tienen nombre y apellido. Un cabecilla de Uso está de vigilante en San Froilán, cobrando un pastizal cada año. Porque no es rotativo ese puesto y se ofrece a más personal?? La culpable de nombrarlo no es la jefa de Personal. La Cig más de lo mismo. Se presenta a una oposición de auxiliaries una trabajadora vinculada a Cig y quien està en el tribunal?? Otra veterana de Cig esto ocurre hoy en día. .nada de hace años. En el examen de informatica tuvo que renunciar un titular del tribiunal porque danba mucho el cante al ser el cabeza de lista de la Cig en el Ayuntamiento y pusieron al suplente, por supuesto las dos funcionarias de registro sacan la mejor nota.. Así funciona esto, en este momento. Pensemos en todos los tentàculos del pulpo, Cig, Uso, el Concejal de Ciudadanos y brazo armado de Agora. Quieren mas?? Hay para mas. El cisma es ese. Como van a querer la Rpt!!

    Reply
  2. Cuñaaao
    Out 05, 2019 - 05:21 PM

    Resulta que el actual Interventor, que ve irregularidades, es cuñado del anterior Interventor, que vio todo perfecto durante años.

    Será una vendetta familiar?

    Qué opina la hermana/mujer del actual/anterior Interventor?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com