" />

Medio Rural confirma que investirá en Alfoz preto de 200 mil euros en tramos de concentración parcelaria

O Goberno Galego a traveso da Consellería do Medio Rural e do Mar, consigna 175. 000 euros para a nova construción de camiños secundarios, e outras actuacións para a concentración parcelaria do expediente As Oiras Pereiro, e 24.000 euros para modificar os acordos e recursos plantexados no expediente de concentración parcelaria Val de Alfoz.

Confirmoullo o Director Xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo ao rexedor deste municipio mariñao, Emilio Lousas, quen solicitou unha xuntanza co dirixente autonómico para coñecer a evolución destas actuacións e ratificar este acometido por parte do Goberno Galego.

Pola súa banda, Lousas aclara que a ratificación destes compromisos aceleran os traballos pendentes, e van en paralelo as actuais labores de colocación de fitos que se están levando a cabo a día de hoxe no concello.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo