Medio Rural executa o asfaltado de tres estradas en Bosende, Meilán e Cimadevila

O concelleiro de Medio Rural anunciaba esta mañá a execución de varias actuacións na rede viaria do municipio. Trátase da renovación do firme mediante aglomerado en quente en tres estradas que, polo tránsito que rexistran e polo deterioro que padecen, precisaban dunha reparación urxente”, indicou Miguel Fernández.

O edil explicou que os traballos, que remataron esta semana, tiveron un custo total de 106.317 euros

“As intervencións tiñan por obxecto mellorar as comunicacións de varios núcleos entre sí e coa N VI. É o caso de Bosende de Abaixo, onde coas obras desenvolvidas se garante unha saída cómoda e segura cara a Nacional en dirección á cidade (28.931€), ou na vía que une Ombreiro coa circunvalación e que dá servizo non só aos residentes nesta zona senón tamén aos de Meilán, Bocamaos e Adai (38.543€). O terceiro punto de actuación foi na estrada de Cima de Vila á A Laxe, na parroquia de Pedreda (38.843)”, resumiu Miguel Fernández.

O responsable de área lembrou tamén que a estas repavimentacións cómpre engadir as anunciadas hai tan só unhas semanas para Piúgos, Mazoi, Tirimol, Santa Comba, Bocamaos e San Salvador de Muxa por un valor superior aos 233.000 euros “que nestes momentos se atopan xa en proceso de adxudicación”.

“Investimentos que responden ao noso compromiso por dotar de servizos ao rural, atendendo as demandas que nos fai chegar a veciñanza e que redundarán na súa seguridade e comodidade á hora de desprazarse polo termo municipal”, concluíu o concelleiro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com