" />

Medio Rural financia unha publicación divulgativa sobre o cabalo de Pura Raza Galega

A área de Medio Rural, Mar e Mocidade colaborou na edición da publicación O cabalo de pura raza galega: historia e situación actual, editada pola Asociación de Criadores de Pura Raza Galega (Puraga).

Trátase dunha publicación divulgativa que recompila información sobre as características xenealóxicas da raza,  a evolución da poboación en Galicia, a súa influencia na conservación da biodiversidade e da paisaxe cultural, o léxico asociado á tradición cabalar ou un calendario cos
principais curros, rapas e feiras que se celebran no país arredor destes animais.   O material distribuirase en eventos, feiras, carnicerías e outros espazos comerciais para facilitar ás persoas consumidoras unha información completa e rigorosa sobre a orixe do produto.

A deputada de Medio Rural, Mónica Freire, sinalou que “se trata dun material informativo que permite achegarse dunha maneira rápida a
importancia medioambiental, cultural e económica da actividade que desenvolven os gandeiros e gandeiras de cabalo de Pura Raza Galega, boa parte deles concentrados arredor do Xistral”.

A publicación, presentada no concello de Muras onde Puraga ten a súa orixe, constata que o cabalo de Pura Raza Galega “mantén unha poboación estable ou lixeiramente tendente á alza, rondando entre os 1.500 e os 1.700 exemplares, a maior parte deles, femias” e engade que “a conservación da poboación débese a unha maior profesionalización das explotacións onde se localizan”.

Tamén sinala as principais ameazas desta raza autóctona como “o cruce con razas de maior condición cárnica, a falta de acondicionamento das comunidades de montes, a apertura de pistas e estradas por áreas tradicionais de pastos ou a intensificación da carga gandeira por parte
da administración”, ademais do progresivo “despoboamento e envellecemento do mundo rural”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo