" />

Meira subirá ao nivel alto de restricións mentres que Brollón e Barreiros aliviarán as limitacións

O comité clínico que analiza as cifras da Covid e asesora á Xunta na toma de decisións, reuniuse onte, como é habitual para valorar a evolución da pandemia nos distintos concellos de Galicia. Como viñamos dicindo nos últimos días, a Comunidade está a experimentar un aumento no número de casos activos polo que o Goberno Galego continúa na tarefa de retrinxir certas actividades por concellos.

Así, dende o vindeiro venres, A Pobra do Brollón pasará ao nivel baixo de restricións logo de semanas no alto, mentres que Barreiros descenderá dende o alto ata o medio.  Pola súa banda, como anunciabamos onte, o empeoramento dos datos no municipio de Meira levou consigo un endurecemento das medidas chegando ata o nivel alto. Pola súa banda, Trabada continuará no medio, a lo menos unha semana máis.

Feiras, mercadiños e congresos

Doutra banda, o Conselleiro de Sanidade anunciou na tarde de onte unha serie de cambios nas limitacións referidas a feiras, mercadiños ou congresos. 

Así, dende o venres, os mercadiños galegos que conten con menos de 150 postos poderán montar o 100% deles sempre e cando manteñan as distancias de seguridade esixidas pola normativa. Mercadiños máis grandes, con entre 150 e 250 postos, terán que poñer o 75% deles; unha porcentaxe que baixa ao 50% para aqueles mercados grandes que congreguen máis de 250 postos.

No tocante ás feiras, o Conselleiro de Sanidade fixo referencia ás barracas e atraccións que terán un aforo máximo do 50% en aquelas que se desfruten sentados e dun 30% nas que estean en movemento.

Por último, o caso dos Congresos, será algo máis especial. Malia que o Executivo galego eleva o aforo, en caso de celebracións en interiores, ata as 500 persoas -ata agora tiñan un máximo de 300-; estas cifras poderían variar en supuestos excepcionais que se valorarán individualmente e no que Saúde Pública terá que realizar un informe previo no que teña en conta certas características como o tamaño do lugar, as características do evento e, incluso, as propias dos asistentes. Comesaña exemplificou esta excepcionalidade cun congreso médico no que todos os asistentes estiveran vacinados.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo