" />

Mellora da estrada de Abeledo e Recimil

Avanzan as obras de mellora do viario municipal que comunica dúas parroquias por Abeledo e Recimil. O concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, supervisou a actuación, da que se beneficiaran directamente preto de medio milleiro de veciños da zona. O edil responsable de Medio Rural, Miguel Fernández, supervisou o avance das tarefas de mellora do firme do camiño de titularidade municipal que comunica os núcleos de Abeledo, na parroquia de Santa María de Bóveda, e Recimil, en San Lourenzo. A obra, na que se invisten 54.825 euros, enmárcase no Plan Único Provincial de Cooperación. “O viario é moi transitado e a súa mellora beneficiará directamente a medio milleiros de persoas da zona”, segundo explicou Miguel Fernández. O edil explicou que a actuación consistirá na limpeza e formación de cunetas para facilitar a circulación de augas de escorrenta, na extensión dunha capa de rodadura de mestura asfáltica en quente, previa regularización da superficie nas zonas máis deformadas ou con pozas, e na sinalización horizontal e vertical no ámbito de actuación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo