" />

Mellorado o acceso á Ponte Vella do Rato, en petición dos veciños de Castelo

A Xunta de Galicia, a través do servizo de Conservación da Axencia Galega de Infraestruturas, está a rematar a mellora do acceso á Ponte Vella do Rato, na Chanca, no cruce da estrada do Rato. Trátase dunha obra sinxela pero que dá resposta ás demandas da Asociación de Veciños Castelo-Rato-A Chanca, e que tamén facilita a entrada de vehículos á sede da Cruz Vermella que hai nesta zona.

Os traballos, que están a piques de rematar, consistiron no levantamento do adoquín, recheo con base de cemento para corrixir o afundimento de varios metros da ponte, e posterior colocación de pavimento. Deste xeito, corríxese un desnivel moi amplo que provocaba un gran charco de auga e que ás veces dificultaba a entrada de vehículos e incluso o paso de peóns.

Así o explicou o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, que insistiu na importancia destas obras que, “pese a ser actuacións moi sinxelas contribúen a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas desta zona da cidade”.

O presidente da Asociación de Castelo-Rato-A Chanca, Manuel Miranda, acompañou ao delegado da Xunta na visita a estes traballos, que dan resposta a unha solicitude que el mesmo realizou o pasado 20 de abril nunha reunión mantida con Javier Arias. Na súa visita á zona da Chanca, o presidente deste colectivo trasladou outras peticións ao delegado da Xunta para seguir avanzando na mellora deste barrio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo