" />

Méndez avanza a APEHL e Lugo Monumental a creación dun Consello Municipal de Turismo e a revisión das taxas por terrazas

A alcaldesa, Lara Méndez, continuou este martes coa súa rolda de encontros cos colectivos veciñais, sociais e empresariais do municipio cunha entrevista con representantes da Asociación Lugo Monumental, co seu presidente, Luis Latorre, á cabeza, a quen lles avanzou, como xa fixera coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL), que o Concello promoverá a creación dun Consello Municipal de Turismo “pola importancia desta actividade como motor económico”. A rexedora lembrou que máis do 81% das empresas do municipio son do sector servizos.

Neste órgano estará representado o sector hostaleiro, comercio, autónomos, empresas e asociacións do sector, así como representantes veciñais, co obxectivo de “unir forzas, crear sinerxias e coordinar estratexias para aproveitar a gran riqueza cultural, histórica, patrimonial e arqueolóxica en favor do desenvolvemento económico do concello”, subliñou a rexedora.

Asemade, a Alcaldesa confirmou a Lugo Monumental que o Goberno local revisará as taxas por ocupación da vía pública con terrazas de cara ao exercizo 2016, unha das cuestións polas que este colectivo mostrou a súa preocupación.

Durante a xuntanza, a Alcaldesa tamén lle lembrou á asociación que nos primeiros dez días de setembro reunirase co tecido asociativo da cidade para abordar o borrador da nova ordenanza de regulación de aparcamentos na vía pública e coñecer as súas propostas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo