Méndez sáltase ao BNG e reúnese cos feirantes na busca dunha solución para instalar as barracas

A rexedora de Lugo, Lara Méndez, mantivo esta mañá unha reunión no Concello cos representantes dos barraquistas que piden poder instalarse en Lugo durante o San Froilán e á que acudiu acompañada polo tenente de alcaldesa e portavoz do Goberno local, Miguel Fernández.

Un encontro que se produce “a instancias das peticións do sector na procura de solucións para, como dende o primeiro momento – manifestou Lara Méndez – era a nosa vontade, se puidera compatibilizar a necesidade que teñen de retomar a súa actividade e a dinamización económica do municipio coa seguridade e a saúde pública que é a nosa principal preocupación”.

Así, a alcaldesa lucense referiu que “a xuntanza, que se desenvolveu nun clima cordial e de entendemento, posibilitou o intercambio de pareceres entre as expectativas dos empresarios e as restricións de aforo que impón a normativa autonómica, tratando de buscar alternativas que concilien o seu dereito a traballar cos medios e as dotacións das que dispoñemos as administracións para velar porque isto suceda sen contravir os protocolos Covid en vigor e con totais garantías para a poboación”, sinalou Lara Méndez.

A rexedora avanzou tamén que o Executivo analizará as propostas do colectivo “co obxectivo de, como fixemos noutras ocasións como puido ser esta pasada fin de semana no Caudal Fest, durante o Arde Lucus ou coa celebración de numerosas probas deportivas na cidade, ir recuperando a normalidade que tan necesaria é para a recuperación dos concellos dende o punto de vista económico pero tamén social”.

“Unha meta na que cómpre traballar sempre, sempre, sempre con responsabilidade e na que o diálogo debe ser a ferramenta na que se apoie a nosa capacidade de xestión”, concluíu Lara Méndez.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Anónimo
    Set 24, 2021 - 04:56 PM

    Tarde pero apareceu!!!!!!!!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com