" />

Miguel González recibe no Concello un recoñecemento á súa traxectoria deportiva

O campión de España junior de Cross, Miguel González, recibiu esta mañá no Concello un recoñecemento á súa importante traxectoria deportiva. No acto, presidido pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, estiveron presentes os voceiros dos grupos da oposición, Antonio Ameijide, do PP; Cristina Pérez Hérraiz, de Lugonovo; Rubén Arroxo, do BNG-AA; Olga Louzao, de Cidadáns e Carlos Portomeñe, de Ace-EU.

A rexedora amousou ao lucense “o tremendo orgullo” do pobo lucense, así como as expectativas depositadas nel, á hora de levar “o nome de Lugo por todo o mundo” e resaltou a disciplina, responsabilidade e o traballo de González que, sen dúbida, “actúa de motivación para a súa propia proxección”.

“Tes toda unha cidade detrás que te anima e que te aprecia”, asegurou a Alcaldesa, quen o convidou a seguir traballando “con paso firme e continuo”. Así mesmo, subliñou a proxección que os deportistas lle dan a Lugo, “unha cidade que inviste moito en deporte. Que Lugo teña deportistas de elite é un acicate importante para seguir investindo neste eido”, sentenciou Méndez, quen lle entregou a González, como agasallo institucional, unha reprodución da Muralla, “un exemplo de que o que é firme perdura”, para que lle sirva de inspiración nos momentos máis complicados da súa carreira profesional.

Méndez tamén tivo palabras para a familia, xa que “detrás dunha persoa que acada o seu soño sempre hai unha gran familia que aporta esforzo e ilusión”, e sobre todo para o seu pai, unha lenda do atletismo, Tito Margaride. González, quen tivo palabras emotivas tamén para a súa familia, amosou o seu convencemento de dar o mellor de si mesmo nas vindeiras competicións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo