" />

Miles de gandeiros manifestanse en Santiago pola defensa do sector lácteo galego

Miles de gandeiros camiñaron hoxe polas rúas de Santiago baixo o lema “Pola economía do rural, loitemos polo sector lácteo”, na manifestación convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Sector Lácteo para esixir medidas urxentes diante da caída de prezos que sofre o sector gandeiro galego.

A esta manifestación sumáronse numerosas forzas políticas representadas nalgúns casos por alcaldes e deputados, ademais de asociacións gandeiras sindicais e numerosos colectivos relacionados co sector gandeiro galego.

A marcha fixo unha parada diante do edificio da Xunta en Compostela, para esixirlle ao Presidente, Alberto Núñez Feijóo, que o goberno galego lidere estas reivindicacións acometidas por máis de 10.000 explotacións gandeiras ás que a industria leiteira ameaza con non recollerlles o leite.

(Fotografía: Jesús Silvosa)

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo