Un milleiro de persoas daranse cita na X Festa do Mexillón de Becerreá

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e o Tenente Alcalde de Becerreá, Claudio Vázquez Pérez, presentaron este xoves a X Edición da Festa do Mexillón que acollerá a Nave Multiusos Feira Nova da localidade, o xoves 7 de decembro, a partir das 20:00 horas. O Goberno da Deputación colabora co Concello de Becerreá na organización desta cita gastronómica, cunha achega de 3.000 euros, para dinamizar a economía da montaña luguesa e achegar os produtos do mar ao interior da provincia.

Vidal Baamonde subliñou que “dende o Executivo Provincial non dubidamos en colaborar con este evento para dinamizar a Montaña luguesa, achegando ao mesmo tempo os produtos do mar, e concretamente o mexillón, un alimento saudable e ao alcance de todos, que en Galicia da emprego, directo e indirecto, a unhas 15.500 persoas. En total repartiranse preto de 2.300 quilos de mexillón, que se poderá degustar de diferentes maneiras. Noutras edicións xa teñen participado unha media de 1.000 persoas, polo que agardamos que este ano, coincidindo co décimo aniversario da cita, volva a repetir éxito”.

O Deputado de Turismo engadiu que “colaboramos con este evento dentro da nosa aposta por potenciar as citas gastronómicas, deportivas e culturais dos nosos Concellos como un valor diferencial que nos converten nunha provincia única, que cambia de recuncho a recuncho, e que é capaz de ofrecer unha oferta turística totalmente diferente. Precisamente, esta é unha das liñas de traballo que define o primeiro Plan Estratéxico de Turismo na provincia, totalmente participativo, que fixemos dende o Goberno da Deputación, co obxectivo de xerar riqueza e dinamizar o emprego a través do turismo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com