Modesto Renda, alcaldable de Vilalba Aberta nas vindeiras muinicipais

O actual voceiro de Vilalba Aberta no Concello chairego, o edil Modesto Renda, será de novo o cabeza de lista da formación nas vindeiras Eleccións Municipais. Un anuncio, contextualizado dende Vilalba Aberta como “a culminación dun proceso participativo iniciado no pasado mes de xullo”, e ao que lle seguirá, este xoves 24 de xaneiro, o da lista completa da Candidatura.

Seis meses de traballo “a fin de sumar indo máis aló das siglas” e en base ao “innegociable dun procedemento de elección aberta onde a protagonista fora a veciñanza”, que remataban o pasado venres, coa celebración dunha concorrida asemblea (coma sempre aberta a toda a veciñanza) que referendou por unanimidade ao concelleiro coma Candidato.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo