Mondoñedo convoca subvencións para a renovación na área de rehabilitación do Casco Histórico

O Goberno local de Mondoñedo vén de aprobar as bases reguladoras e convocatoria da fase XVI das subvencións para a rexeneración e renovación urbana na área de rehabilitación do Casco Histórico de Mondoñedo e Barrios Históricos de San Lázaro e os Muíños.

As bases teñen por obxecto regular a concesión das subvencións destinadas a financiar os gastos derivados das actuacións de rexeneración e renovación urbana na Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Mondoñedo, con cargo aos convenios asinados polo Concello para tal obxecto, no marco do Plan Estatal de Rehabilitación Edificatoria 2018 – 2021 e a Resolución do 3 de agosto de 2018, pola que se regula o procedemento para a participación no programa de fomento de rexeneración e renovación urbana e rural do Plan Estatal de vivenda 2018- 2021.

Os beneficiarios deberán realizar a totalidade das actuacións de rehabilitación para as que se concedeu a axuda e destinar a vivenda a domicilio habitual, entre outras obrigas. A concesión de subvencións será en réxime de concorrencia non competitiva, mentres que a selección de beneficiarios será por orde de entrada en calquera dos medios legais dispoñibles para a entrega de documentación na administración pública que conte cun rexistro de entrada con data e hora. Terán preferencia aquelas solicitudes que presenten de forma completa a documentación esixible.

A contía das subvencións será do 40% do custo das actuacións subvencionables. A contía máxima das axudas será a establecida no artigo 29.2 do Real decreto 106/2018. Asesoramento da Oficina de Rehabilitación Poderá solicitarse unha visita de inspección técnica previa á solicitude oficial das axudas, co fin de asesoramento. Os técnicos da Oficina de Rehabilitación realizarán a visita para comprobar o estado da edificación e asesorar ao particular sobre as posibilidades de mellora e rehabilitación dos inmobles.

As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello de Mondoñedo, ou por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Poderán tramitarse dende o día seguinte á publicación destas bases no BOP ate o prazo de finalización do convenio ou ata o fin do financiamento.

As obras deberán executarse no prazo máximo establecido na cualificación provisional das axudas, e en todo caso deberán estar rematadas antes do fin da vixencia do Plan Vivenda 2018-2021. Poderanse acollerse ás axudas as actuacións iniciadas con posterioridade a 1 de xaneiro do ano da convocatoria en curso, pero que non estean finalizadas á data da presentación das solicitudes por parte dos interesado no período establecido ao efecto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo