Moratoria á plantación de eucaliptos, por Plataforma Stop eucaliptos, avante carballos

Dende a plataforma Plataforma Stop eucalplitos, avante carballos queremos solicitar unha moratoria á plantación de eucaliptos no conxunto do territorio de Galicia, como recentemente foi aprobada en Portugal ata o ano 2030, en aras de establecer unha axeitada planificación forestal e evitar erros cruciais nese ámbito. É de destacar que Portugal implantou esa moratoria ao acadar as 811.000 hectáreas de eucalipto plantadas sobre unha superficie total de máis de noventa mil quilómetros cadrados, mentres que nós xa vamos por máis de 500.000 hectáreas sobre unha superficie total de menos de trinta mil quilómetros cadrados.

Solicitamos a devandita moratoria en base aos feitos relacionados con ese cultivo. Feitos, por un lado, cientificamente contrastados acerca dos danos do cultivo de eucaliptos sobre a diversidade da fauna e da flora, sobre a toma excesiva de auga do subsolo, sobre a extracción de nutrientes e a perda de materia orgánica nos solos, sobre os efectos paisaxísticos e culturais dentro dun entorno fortemente humanizado e de identidade tradicional. Feitos, por outra banda, relacionados cunha situación de abuso reiterado na maneira en que en moitos casos se acometen as plantacións de eucaliptos, sen respectar límites legais ben establecidos e xerando, no proceso, conflitividades de difícil solución. E feitos, finalmente, relacionados cunha proxección económica na que o aparente monocultivo forestal de eucalipto pon en risco a sustentabilidade do mercado forestal en si, coa proliferación excesiva dunha materia prima de uso limitado que a poucos anos vista (menos dos que tardarán en estar listas para corta as plantacións actuais) ameaza con saturar o mercado e deixar Galicia inzada de árbores de moi escaso valor. E o mais grave que a proliferación de eucaliptos vai aumentar o riscos de incendios, xa que segundo o Ministerio de Medio Ambiente do Estado Español o 3% do forestal estatal corresponde a eucaliptos pero por culpa destes representa o 20% do incendios no estado Español. Esta claro e tecnicamente demostrados que a plantación masiva de eucaliptos aumenta os riscos de incendios, seca fontes e regos, etc. Tamén o máis grave e nada que ver como se dixo coa reunión cos alcaldes na Deputación de Lugo. Estas plantacións aumenta o despoboamento do rural. Xa que a maioría que plantan non esta vivindo no rural, ou non vive dos recursos que da o rural.

Plataforma STOP EUCALIPTO, AVANTE CARBALLO

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com