Morre un home atropelado polo seu propio coche en Viveiro

Un home perdeu a vida esta tarde logo de ser atropelado polo seu propio vehículo nas proximidades do cemiterio de Viveiro.

Os feitos tiveron lugar ao redor das 15:00 horas cando o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do suceso. Foi a esa hora, cando os profesionais sanitarios solicitaban aos xestores do CIAE a intervención das forzas da orde por mor de que fora atopada unha persoa, posiblemente falecida, debaixo dun coche.

Con estes datos, desde o 112 Galicia pasouse aviso á Garda Civil de Tráfico, á Policía Nacional e Local. Así mesmo, informouse dos feitos aos Bombeiros e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Unha vez no punto, tanto os servizos sanitarios como os axentes da Policía Local, que comprobaron que a persoa era a mesma propietaria do vehículo, só puideron confirmar o seu falecemento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com