" />

Morre una persoa e outra resulta ferida nun accidente en Outeiro de Rei

Un accidente de tráfico ocorrido a pasada noite en Outeiro de Rei saldouse cunha persoa falecida e outra ferida. Segundo a información recollida no 112 Galicia, o único vehículo implicado no sinistro rematou fóra da vía tras envorcar e foi necesario que os Bombeiros de Vilalba empregasen o material de excarceración para liberar á persoa falecida, que quedou atrapada no interior do coche. Por outra banda, a outra persoa que viaxaba no turismo non precisou ser trasladada a un centro médico.

O accidente produciuse na N-VI, en sentido A Coruña, a uns cinco quilómetros desta localidade.

O 112 Galicia tivo coñecemento do sinistro ao fío das 22:15 horas, a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Vilalba e de Lugo, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da estrada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo