" />

MOVILIZACIÓN 8M

Desde a asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero, en relación coa movilización programada para o vindeiro 8M, un ano máis manifestamos a nosa intención de non engadirnos a ela, polos motivos que pasamos a expoñer.

-Evidentemente, como colectivo que traballamos cada día axudando a mulleres que están a sufrir violencia de xénero, avogamos pola igualdade entre mulleres e homes, así como pola equiparación dos dereitos e obrigas de ambos sexos, e, precisamente por isto, non podemos en modo algún secundar o proceder nin a filosofía dun colectivo como o que organiza esta movilización que semella ter a potestade de decidir quen é ou non feminista, baseándose nos criterios que elas impoñen e rexeitando automáticamente a quen non os comparte ou discrepa deles.

A loita pola igualdade non é patrimonio exclusivo das mulleres, xa que hai, afortunadamente, moitos homes que a comparten e a apoian, polo que non podemos aprobar de xeito ningún o proceder de relegar aos homes que apoian estas movilizacións, impedíndolles participar nelas na compaña das mulleres, sendo obrigados a participar separados delas.

É esta unha loita que atinxe a toda a sociedade, polo que desaprobamos rotundamente que, ano tras ano, o mesmo colectivo capitalice esta movilización, sen permitir a participación de ninguén alleo a elas, impoñendo, coma sempre fan, as súas directrices e os seus criterios.

É unha total incoherencia que aquelas que se autodefinen como feministas e din estar a loitar polos dereitos das mulleres aproveiten esta data, como a do 25N, ou cando, por desgraza, se comete un asasinato machista, para o seu propio lucimento, chegando a extremos tan lamentables como sucedeu co crime machista acontecido na Pastoriza, que, facendo caso omiso dos desexos da familia da muller asasinadade que non se celebrase a consabida concentración, seguiron adiante con ela, demostrando una nula sensibilidade e si un afán desmedido de notoriedade.

Non todo vale.

Non podemos obviar, evidentemente, circunstancias como as que se produciron tras o asasinato de Clara E.V., acoitelada na nosa cidade pola súa parella, e que ante o deplorable tratamento que desde un medio de comunicación se lle deu a esta traxedia, publicando titulares como “A morta de Lugo”, e comentarios como “tiña problemas co alcohol”, “vivía dunha axuda”, e outros semellantes que nada aportaban a noticia, sendo unha clara aldraxe para a vítima, un colectivo que se gaba de ser pouco menos que o paradigma do feminismo en Lugo, ficou totalmente indiferente, algo que entendemos terá que ver co feito de que este medio lles da cobertura de xeito bastante habitual.

Por outra banda, o exposto no punto anterior, contrasta claramente coa total pasividade que amosan o resto do ano, así como a indiferencia ante as numerosas eivas que na nosa cidade existen en materia de violencia de xénero.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo