Muimenta abre as súas portas aos visitantes coa Festa da Filloa

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación da Festa da Filloa de Muimenta, que se celebrará o vindeiro día 1 de maio no recinto feiral Manuel Vila da localidade. No acto participaron o delegado territorial, José Manuel Balseiro; o alcalde de Cospeito, Armando Castosa; o concelleiro de turismo, Daniel Paz; a xefa territorial de Cultura e Turismo, María José Gómez; e, por parte da comisión organizadora, José Manuel Rus (xerente), Pilar Morán e Ana Iglesias.

A Xunta colabora con este evento, declarado de interese turístico de Galicia, cunha achega económica -6.000 euros de axuda directa e 1.500 euros a través do convenio da Consellería de Cultura e Turismo con Abanca- e a doazón de libros para os premios do concurso de debuxo e relato que se organiza no marco desta celebración.

Na Festa da Filloa traballan de forma altruísta arredor de 60 fiolleiras e fiolleiros -entre os numerosos voluntarios da organización-, e despáchanse entre 17.000 e 18.000 filloas ao longo da xornada, para as que se utilizan 500 quilogramos de fariña e máis de 70 ducias de ovos.

Na inauguración terán protagonismo os representantes da organización das outras feiras que se celebran en Galicia en torno a este prato tradicional, en Zas, A Baña e Lestedo. Precisamente, esta última localidade presta una máquina capaz de elaborar unhas 1.200 filloas á hora para axudar a abastecer ao público que acuda a Muimenta.

O recinto feiral abrirá a partir das 8 da mañá para acoller aos primeiros voluntarios. Ao longo do día haberá música, unha exposición de cans de caza, artesanía e xogos tradicionais. O pregón correrá a cargo de Francisco López, un dos responsables do Restaurante España de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com