Musicoterapia, estimulación cognitiva e logopedia para 28 lucenses con párkinson

A Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, acompañada da Presidenta e do Secretario da Asociación de Parkinson de Lugo (APALU), Rosa Mª Fariñas e Cayetano Burrieza, mantivo este martes un encontro con usuarios deste colectivo. Fíxoo para coñecer de primeira man o resultado das diferentes colaboracións que os Gobernos Provincial e Municipal manteñen con esta asociación e que permiten a atención profesional de 28 lucenses con Parkinson.

Deputación e Concello de Lugo colaboran con APALU coa cesión gratuíta do local que posúe o colectivo na capital lucense por parte do Concello de Lugo; cunha achega económica anual de máis de 4.000 euros que posibilitan o desenvolvemento por parte dos usuarios de APALU de  clases estimulación cognitiva, logopedia e musicoterapia; así como a compra de material especializado como quebracabezas, cadernos, etc. Actualmente APALU conta no seu persoal cunha fisioterapeuta, unha logopeda e unha psicóloga.

López Izquierdo destacou que “con esta axuda, dende o Executivo Provincial, queremos que a progresión da enfermidade e a intensidade da mesma sexa moito máis baixa, pois as terapias de rehabilitación para as persoas con Parkinson son fundamentais para poder frear os síntomas e as molestias. Dende os Gobernos da Deputación e do Concello de Lugo traballamos da man con APALU, para que xuntos, melloremos a calidade de vida dunha trintena de lucenses con párkinson, dentro da nosa aposta conxunta e decidida por ser dúas institucións sumamente socias que traballan co tecido asociativo lucense para aumentar o benestar dos nosos veciños.”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com