Na área de Lugo seguen a aumentar os contaxios por Covid-19

Trinta e unha  persoas máis  deron positivo por Coronavirus na Área de Lugo na últimas vinte catro hora o que fai un total de 352 . O andazo segue propagándose sen saber cando se van deter os contaxios, pero para poder detelos, so hai unha solución respectar as normas que cada día nos trasladan as autoridades. Poren moitas persoas seguen sen cumprilas e cada día a policía segue denunciando a persoas que van sen mascara pola rúa,  ou están na praia sen protección e así non vai ser posible controlar a pandemia e iso só está na nosa man. Se non se compren a s normas só quedan dúas alternativas ou un novo confinamento, cousa moi dubidosa nestes momentos ou que persoas segan falecendo por mor dos irresponsables que non cumpran as normas.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.580 deles 1.240 son da área da Coruña,  224 da de Ourense, 147 da de Pontevedra, 170 da área de Vigo, 329 da de Santiago, e 118 da de Ferrol, máis os 352 de Lugo.

Do total de pacientes positivos, 13 están en UCI, 73 en unidades de hospitalización e 2.494 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.019 persoas curadas, rexistrándose 633 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 308.162.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com