“Na estrada, cervexa SEN” chega á Lugo para concienciar da conducción sen alcol

Seis motos, trece cidades e 4 mil km, esas son as características da nova campaña contra o alcol ao volante, que a Asociación de Cervexeiros de España leva a cabo xunto coa Dirección Xeral de Tráfico e que esta mesma mañá chegou ás rúas da zona centro de Lugo convidando a unha ronda de cervexa sen alcol a todos aqueles lucenses que o desexaran en dous turnos: un de mañá dende as 12.30 e outro de tarde, dende as 18.30 horas.

Ramón Pradera, embaixador moteiro desta campaña, asegurou que estarán hoxe na cidade, perseguindo un só obxectivo: concienciar de que o desfrute dunhas cañas non é incompatible co desfrute das estradas, “sempre e cando a cervexa sexa sen alcol”.

“Esta campaña é unha campaña de vida, entendida de dúas maneiras: de disfrutones da vida como somos todos nós, encántanos viaxar, recorrer España cos amigos e invitando a todo o mundo a cervexa sen a todo o mundo, unha experiencia que moi pouca xente pode contar, e unha campaña de vida porque protexemos a vida, eso é o que facemos ao fin e ao cabo”, explicou Pradera.

Pradera asegurou que non son actores nin figurantes, son moteiros de verdade que coñecen o perigo de mesturar estradas con alcohol, e deciden facer esta campaña xusto en plena operación saída pola “túa seguridade, pola miña que comparto as estradas, nelas tes unha alternativa, que é a cervexa sen alcol”.

Na presentación estiveron presentes tamén o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, o Delegado Territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, a Xefa Provincial de Tráfico, Paula Yubero, e a responsable de asuntos sociais de Cervexeiros de España, quen asegurou que un 39% dos condutores españois apostan por esta bebida sen alcol para consumir antes ou durante un traxecto largo, e un 37% faino tamén nos traxectos curtos; cifras que sitúan a España como o primeiro país consumidor de este producto na Unión Europea.

“Cervexeiros de España pula a campaña Na estrada, cervexa SEN co obxectivo de aportar o noso graniño de area á seguridade viaria do noso país. A cervexa sen alcol ´ñe unha alternativa completamente segura pola que xa apostan un alto número de condutores”, explicou Cristina de Aguirre.

Pola súa banda, Paula Yubero, sentíuse agradecida porque esta campaña chegue a Lugo xa que, explicou, que “o alcol e as drogas son un dos factores que máis inflúe nos accidentes de tráfico que se rexistran na provincia”, e defendeu que “a única taxa segura é o 0,0”.

Consumo de alcol nas estradas

Segundo expresou a Xefa Provincial de Tráfico, na provincia de Lugo o pasado ano realizáronse máis de 160.000 controis preventivos de alcol e drogas, dos que un 0,6% resultaron positivos. “Pode parecer unha cifra ínfima pero estamos falando de preto de 1.000 positivos e de persoas que siguen sendo denunciadas por elo, aínda que se detecta un descenso do número de positivos ano tras ano”, explicou Yubero.

Respecto á incidencia nas vítimas falecidas ou hospitalizadas, de preto de 700 condutores falecidos, o 43,10 % presentaron resultados positivos de drogas, psicofármacos e alcol.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com