Nace no CEI Nodus un novo espazo de dinamización do emprendemento

O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello de Lugo, Mauricio Repetto, supervisaba hoxe as instalacións do CEI Nodus con motivo do recente inicio, nos últimos días, dos traballos de recuperación da praza- xardín do que dispoñen estas dependencias municipais.

Unhas obras coas que o goberno de Lara Méndez quere sacar o emprendemento á rúa e darlle unha maior visibilidade ao labor que desenvolven as empresas alí instaladas así como incentivar á creación dun ecosistema emprendedor que facilite e axude ás e aos lucenses, especialmente á xente nova, a que inicien os seus retos empresariais, segundo sostén a rexedora.

Mauricio Repetto referiu que contrato desta actuación foi adxudicado á empresa Calfensa Proyectos, S.L. por un importe de 76.895’50 euros (IVE incluido), con cargo á partida do vixente presuposto municipal que executará a intervención nun prazo de 40 días.

A oferta presentada supuxo, ademais, un incremento do prazo de garantía de 5 anos a maiores do mínimo de un ano establecido como obrigatorio.

O edil explicou tamén que “a zona, ata o de agora en desuso, pasará a ser un espazo con vida, onde se planificarán actividades periódicas para dar a coñecer o labor que os servizos do CEI poñen á disposición das persoas que estean pensando en emprender, pero tamén servirá como espazo ‘pop up’ onde os emprendedores poderán amosar o seus proxectos, propostas, creacións, produtos e servizos. A clave é que esta área exterior sexa un novo punto de encontro dos actores implicados na dinamización económica de Lugo”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com