" />

Nace ‘Sarria Sorrí’ o evento que encherá de comedia a vila con Leo Harlem e Álex Clavero

Sarria Sorrí é o evento cultural encargado de encher de comedia a vila achegando á comarca grandes estrelas do stand-up comedy para dinamizar a cultura e economía. Trátase dun ciclo de funcións teatrais de comedia, organizado por Etiqueta Negra Producciones e co Concello de Sarria como patrocinador institucional. Nace tras o estado de alarma pola pandemia do COVID-19 como unha aposta polo optimismo na entrada á nova normalidade, mais xa ten previsión de continuidade nos vindeiros anos.

A programación mestura grandes figuras da comedia nacional – como Leo Harlem, Álex Clavero, Quique Matilla e Eva Soriano–, con recoñecidos artistas galegos que ofrecerán monólogos na lingua galega – coma David Amor, Oswaldo Digón e Alberte Montes-; e o cómico emerxente Pablo Meixe.

Terá lugar do 18 de xullo ao 20 de agosto en emprazamentos clave do patrimonio cultural da vila como a Praza de Santa Mariña ou o antiguo campo de rugby no Parque de O Chanto. O Meigallo, será outro dos puntos neurálxicos da programación do ciclo. O resultado é un evento cultural ao aire libre con tódalas medidas hixiénico-sanitarias pertinentes e os mellores humoristas para facernos ver que, a pesares dos problemas, na nova normalidade tamén se pode sorrir. Ademais, pretende contribuir á configuración dun fondo de contidos creativos de interese cultural e artístico, lingüístico e turístico na nosa Comunidade, potenciando Sarria coma unha parada obrigada do Camiño de Santiago.

Grazas ás aportacións de diferentes entidades públicas e privadas, case tódolos espectáculos serán de balde, sendo igualmente precisa a reserva previa da entrada para controlar aforo. Etiqueta Negra Producciones, a produtora sarriá trala iniciativa, informará na súa web etiquetanegra.org de como proceder á reserva de asentos. “Quixemos colaborar na volta á normalidade sen descoidar a seguridade dos nosos artistas e o noso público. O esforzo para conseguir isto foi enorme e faremos todo o posible para que a experiencia sexa o máis satisfactoria posible, tentando compensar a falta de comodidades dun teatro con servizo de bar seguro que ademais potencie o consumo local”, explican desde Etiqueta Negra Producciones.


Imaxe Google Maps

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo