O Concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, anunciou que durante os videiros días comezarán os traballos de reparación do muro do CEIP Luís Pimentel. Segundo Felipe Rivas, “as obras consistirán na substitución do muro que da á rúa Santo Grial”. “Xunto coa recente reforma da rúa, contribuirá a unha mellora estética do centro e do seu entorno”.
Esta actuación, que fora unha das propostas elexidas polos últimos orzamentos participativos, conta cun período de realización dunha semana e consistirá na demolición do actual muro, construíndo un similar ao existente no mesmo colexio do lado da rúa Gallego Tato. Para minimizar as molestias ás veciñas e veciños da zona, habilitarase un paso seguro para os peóns pola actual zona de estacionamento.