" />
Cargos electos, militantes e simpatizantes de Lugonovo, plataforma cidadá que acadou nas pasadas eleccións municipais 3 concelleiros

Nova asemblea de Lugonovo

No serán de hoxe vaise celebrar unha nova asemblea  da Plataforma Cidadá Lugonovo. Na mesma vanse analizar os últimos acontecementos políticos, así como a estratexia a seguir nas negociacións co Psoe para integrarse no goberno municipal.

No transcurso da mesma non se vai abordar o tema da entrada no goberno municipal, ata que os socialistas os volvan convocar para proseguir coas negociacións que comezaran a semana pasada. Se esta nova xuntanza se chega a producir, os representantes de Lugonovo exporán as súas condicións, que de ser aceptadas, trasladarían á militancia convocando unha nova asemblea que sería esta, en definitiva, quen daría o visto e prace para entrar ou non, na xestión municipal.

Polo que de agora haberá que seguir a agardar a que se produza esa nova reunión entre socialistas e Lugonovo, para saber se definitivamente o Concello de Lugo estará gobernado por unha coalición formada por Psdg-Psoe e Lugonovo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo