Nova manifestación mañá xoves dos gandeiros do sector lácteo en Lugo

Os gandeiros estacionados dende o pasado xoves na Ronda da Muralla, anunciaron na noite de onte logo dunha reunión que mañá terá lugar a segunda manifestación polas rúas lucenses. Fixérono a traveso do representante desta marea gandeira expontánea, Roberto López, que explicou que mañá dende as 11.30 horas os manifestantes farán un percorrido que partirá dende a Porta de San Fernando até a Praza do Ferrol, a traveso das rúas do centro para non entorpecer o tráfico. Na praza do Ferrol repartirán leite a todos aqueles que pasen por alí. A protesta previsiblemente alongarase até as seis da tarde de mañá. López anunciou asemade que hoxe terá lugar unha reunión da delegación lucense co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo e coa Conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, en Santiago de Compostela.

A subdelegación do Goberno en Lugo emprazou aos tractores que chegan dende onte á cidade, a estacionar en zonas alternativas ao centro de Lugo, debido ao colapso que están a sufrir as principais rúas da cidade. Dende onte, San Fiz, a explanada do antigo Pavillón de Deportes ou Infanta Elena son os lugares escollidos para non crear excesivas complicacións no tráfico lucense.

Os gandeiros esixen un prezo mínimo de 34 céntimos o litro de leite para poder cubrir os gastos de produción, ademais de o cobro do IVA e das primas pola calidade, e que se garanta a recollida e o cobro. Cincuenta mil firmas avalan a necesidade urxente de tomar medidas efectivas e sobre todo, a longo prazo, que permitan aos gandeiros seguir adiante ca súa labor de produción. Recolléronas estes dias nas mesas que instalou a marea gandeira diante do edificio administrativo da Xunta en Lugo, e van dirixidas á Conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana.

Mañá decidirán se continuan coas protestas ou non, dependendo das decisións que adoiten as diferentes administracións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com