" />

Nova xornada de descenso de casos e de contaxios de Covid-19

Continúan as boas novas no tocante ao paso da Covid pola provincia. Unha nova xornada de descenso, a só unhas horas de cumprirse a primeira semana de alivio de restriccións na comunidade. 

Así no informe remitido polo SERGAS no día de hoxe, con datos recompilados ata as 6 da tarde de onte, rexistráronse un total de 401 infeccións activas, 26 menos que no día de onte.

En canto ás cifras de novos positivos que, nos últimos días bailaran en baremos moi diferentes, consolidan hoxe esa tendencia á baixa con só 9 casos novos detectados, ou o que é o mesmo, 3 casos novos menos que os detectados na xornada anterior. 

Do mesmo xeito, descende tamén a presión asistencial con tres casos menos en planta de hospitalización. En total 20 pacientes covid se atopan en unidades convencionais e 14 permanecen na UCI do HULA, a única con pacientes infectados polo virus. Por hospitais, só o Lucus Augusti e o Comarcal de Monforte contan hoxe con casos covid; o centro lucense resta tres pacientes chegando ata os 16 mentres que no de Lemos continúan catro persoas ingresadas por coronavirus.

Dende que comezou a pandemia a provincia de Lugo rexistrou 206 mortes por mor do virus pero tamén 11.128 persoas que superaron esta enfermidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo