Nova xornada de estabilidade da covid na que se repiten os valores en todos os baremos principais de control da pandemia na provincia

Unha nova xornada de estabilidade da covid, e suman catro, na que os principais baremos de control da enfermidade se manteñen nos valores da xornada anterior. 

Así, no informe do SERGAS con datos recabados ata as 6 da tarde de onte cifran, de novo, en 208 as infeccións activas. Unha cifra que non varía logo de detectarse 12 positivos e rexistrar 12 altas médicas. Así, a cifra de persoas curadas dende o inicio da pandemia chega hoxe xa ás 12.574.

No tocante á presión asistencial, continúan ingresadas nos hospitais da provincia 7 persoas cunha infección activa por covid. Dúas das cales se atopan na UCI do HULA mentres as restantes divídense nas unidades convencionais dos tres hospitais públicos, 3 no Lucus Augusti, 1 en Burela e outro en Monforte de Lemos.

E todo iso, a xornada na que os bares galegos poderán, por fin, abrir as súas portas ata a 1 da mañá sen necesidade de ter licenza de restaurante, eso sí, contando sempre cun medidor de CO2. Asemade, dende mañá, a Xunta levanta as restriccións relativas ás xuntanzas de non conviventes: non haberá limitación de horarios nin de número de persoas. 

Con todo, dende o Goberno galego piden prudencia e sentidiño ante esta nova normalidade para que non volvan a aumentar o casos. O certo é que a palabra clave no último decreto de Saúde da Xunta é a Recomendación. E é que malia que o Executivo galego non pode establecer certas obrigas dado o nivel epidemiolóxico da comunidade, si que recomenda non superar as reunións de 15 persoas en espazos abertos e 6 nos pechados, ao igual que se establece para a hostalería. 

Por concellos, como xa informamos o pasado mércores, Galicia queda libre, dende mañá, de concellos en niveis alto e máximo de restriccións. Con todo, cinco concellos galegos, entre eles Viveiro e Xove, permanecerán unha semana máis no nivel medio de limitacións. O resto de concellos pasarán á listaxe dos do nivel medio-baixo, o mínimo establecido, polo momento, pola Xunta de Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com