Novas

Detida a presunta autora dun delito de roubo con forza e branqueo de capitais

A Garda Civil, no marco da operación transober, detén a unha muller, veciña de Vigo, como suposta autora dos delitos de roubo con forza, pertenza a grupo criminal, branqueo de capitais e contra as persoas.

A investigación policial iníciase o pasado mes de febreiro na localidade lucense de Sober, tras atopar o corpo sen vida dun septuaxenario no interior da súa vivenda.

Aínda que os primeiros indicios indican que se trata dunha morte natural, tras unha denuncia dos seus familiares comunicando que na data do seu falecemento realizáronse numerosas transferencias bancarias  desde a súa conta a outras de terceiros por un montante total de 37.500 euros, ábrense varias hipóteses na investigación. No marco desta operación constátase que a persoa detida mantiña unha relación laboral co falecido, a cal realizaba diversas tarefas do fogar no domicilio da vítima.

A persoa detida presentouse no domicilio do falecido, días antes ao seu óbito, residindo alí varios días e no transcurso dos cales, en horario nocturno, realizo transferencias desde o teléfono da vítima a terceiras persoas de diversas nacionalidades, coas cales xa pactara previamente.

O septuaxenario comparece dous días máis tarde na súa entidade bancaria para realizar xestións, e decátase das transferencias efectuadas, regresando á súa vivenda, onde se atopaba esperándolle a persoa detida, non volvendo verlle ninguén con vida.

Dous días máis tarde é atopado sen vida tendido no chan da súa vivenda con indicios de levar tempo falecido.
As persoas que recibiron as transferencias residen nas localidades de Pontevedra, Marín, As Palmas e Madrid. Unha das transferencias produciuse a unha clínica estética situada en Madrid, na cal a detida solicitara un tratamento, realizando unha transferencia de 9000 euros, solicitando ao cabo duns días en reembolso a unha conta da súa propiedade, dado que se contaxiou de COVID e non podería realizar a operación solicitada.

A persoa detida presentouse ao Xulgado de 1ª,. Instancia e Instrución de Monforte de Lemos, decretando prisión provisional con fianza..

A Consulta Pública do Plan Hidrolóxico Miño – Sil conclúe con 57 suxerencias

O período de Consulta Pública do Plan Hidrolóxico da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil Ou.A. finalizou onte, 22 de decembro. Este proceso ha permitindo a toda a cidadanía trasladar observacións e suxerencias a estes documentos.

A día de hoxe, recibíronse 57 propostas: 25 de Administracións; 9 de Asociacións Ecoloxistas; 3 de Asociacións Agrarias; 2 doutras asociacións; 2 de colexios profesionais, 8 do sector da minería; 7 de usos enerxéticos; e 1 de Administración portuguesa da auga, que serán analizadas para, no seu caso, ser incorporadas ao texto final.

“O proxecto de Plan Hidrolóxico define e desenvolve as actuacións e medidas máis adecuadas para dar resposta aos problemas ambientais e socioeconómicos identificados, é dicir, establece e detalla as actuacións para acometer na demarcación para afrontar retos como o cambio climático, problemas de contaminación da auga, deterioración hidromorfológico, presenza de invasoras, ou para mellorar o réxime de caudais ecolóxicos, a xestión de inundacións e sequias,…“ explicou o presidente.

A característica máis importante deste novo Plan céntrase nas actuacións incluídas no Programa de Medidas ( PM), como elementos crave para alcanzar os obxectivos ambientais do bo estado das masas de auga, antes de finalizar o ano 2027, prazo máximo conforme á Directiva Marco da auga e a lexislación nacional.

O PM recolle 339 medidas con 312,26 millóns de euros de orzamento, do cal o 70 % será financiado pola AGE ( CHMS, DGA, ACUAES); as 20 CCAA; e 10 % a Administración Local.

“É importante destacar que este novo Plan Hidrolóxico ten moi en conta os efectos do cambio climático nos recursos hídricos, xa que se, a futuro próximo, provocará unha diminución significativa dos mesmos e unha maior recorrencia de fenómenos extremos como inundacións e secas. Na CHMS exponse a elaboración dun plan de adaptación ao cambio climático, en cumprimento da Lei de Cambio Climático” concluíu o presidente.

Importante aumento do ritmo de contaxios na véspera de Nadal

Continúa o importante avance da sexta vaga do virus en Galicia que hoxe afecta de forma significativa á provincia de Lugo. Logo dunha semana cun elevado ritmo de contaxio, na última xornada os datos dan un salto importante hacia o empeoramento. O paso dos días fai sospeitar que Lugo aínda está lonxe da estabilidade.

Así, no último informe do SERGAS con datos recabados ata as 6 da tarde de onte, revélase un aumento de ata 186 persoas con infección activa e que hoxe chega ás 1.505, logo de que na pasada xornada se rexistrasen 1319 casos activos.

Sobe tamén o número de contaxios. Se ben este baremo viña aumentando lixeiramente día tras día nas últimas xornadas, o certo é que o informe de hoxe amosa un gran aumento. E é que nas últimas 24 horas Sanidade detectou na provincia 232 positivos novos, fronte aos 195 de onte ou os 127 de antonte.

En cambio, grazas á vacinación, os hospitais lucenses non rexistran, practicamente ningunha variación. Mentres na UCI suman un caso novo, con 4 pacientes covid no HULA; os ingresos en unidades convencionais descenden lixeiramente ao pasar dos 12 que se rexistraban onte aos 11 que amencían hoxe nos hospitais. Por centros, o HULA continúa con 4 pacientes covid en planta, o Hospital da Mariña suma 2 e o Hospital de Monforte hoxe amencía con 5 pacientes covid en planta.

Rescatado co helicóptero despois de que o mar o illara nunha zona rochosa

Unha persoa en apuros foi rescatada en Barreiros polo helicóptero de salvamento de Gardacostas de Galicia. O rescate dunha persoa illada nunha zona rochosa obrigou a mobilizar recursos por mar e terra no concello lucense de Barreiros.

Sucedeu ao fío das 15:30 horas de onte na Praia de Arealonga. Foi a esa hora cando un compañeiro da persoa afectada chamou ao 112 Galicia para informar da situación. Durante a comunicación cos xestores de emerxencias informou que a persoa necesitaba axuda para abandonar o lugar no que se atopaba, despois de ser sorprendida pola forza do mar, cando ambos estaban a pasear polo areal.

Así, desde o 112 Galicia activouse un operativo no que participaron equipos de Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia, Bombeiros de Barreiros, axentes da Garda Civil e efectivos de Protección Civil da localidade.

Finalmente, a persoa puido ser rescatada polo helicóptero Pesca II de Gardacostas de Galicia en perfecto estado de saúde.

O Mercado acolle actividades para os nenos que acompañen aos seus pais ás compras de Nadal na Praza

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza do Concello de Lugo xunto co Tenente Alcalde e o concelleiro de Educación visitaron onte o Mercado Municipal, onde se están a realizar actividades infantís “para que as nenas e nenos se divirtan mentres os pais e as nais realizan as súas compras na Praza e no Mercado”, explicou a concelleira.

A edil de Participación afirmou que “de cara ao 2022 continuaremos a realizar actividades para animar a toda a veciñanza a realizar as súas compras na Praza de Abastos e no Mercado Municipal”, e engadiu “iniciativas como O noso mercado é un agasallo facilitaron este ano que moitos veciños de Lugo se achegasen a realizar as súas compras nestas instalacións históricas”.

A edil explicou as partidas orzamentarias para a Praza e o Mercado aprobadas nos orzamentos de 2022. En total, destinaranse 100.000€ para realizar distintas melloras, entre as que se contan a renovación da climatización tanto da praza como do Mercado, “unha demanda que tanto os distintos vendedores e vendedoras como as persoas que compran na Praza de Abastos e no Mercado levan moito tempo realizando”, explicou a concelleira, que engadiu “seguiremos a potenciar unha instalación que está a ter un gran crecemento, especialmente por parte da xente nova”.

O Círculo convértese nun pesebre na obra gañadora do seu concurso de postais de Nadal

O Círculo das Artes convertido en pesebre, tal cual un Belén. Así o visualizou Teresa Ferreiro Campo, de 9 anos, e así o debuxou na obra que presentou ao Concurso de Postais que o Círculo organiza co motivo do Nadal.

A postal, baixo o título “Portal do Círculo” será a elixida pola sociedade para felicitar a todos os seus membros.

Nesta categoría B de 7 a 11 anos de idade, tamén outorgaron dous accesits a Hugo López Ferrero, pola súa postas A amizade é o que nos une  e a  Papá Muralla  de Carolina Ferreiro Campo.

Por outra banda, na categoría A, de 3 a 6 anos acadaba o primeiro premio  El arcoíris trae a Papá Noel, de Irene Gutiérrez del Valle. Tamén se deron outros dous accesits para Los copos de colores de Adriana Viaño Villamor e Feliz Nadal de Sofía Estévez Sánchez.

A entrega dos premios terá lugar a primeira semana de xaneiro, coincidindo coa inauguración dunha exposición na que a Sociedade reunirá todas as postais que se presentaron ao concurso. O Círculo felicita a todos os participantes polos seus traballos que se poden ver na web da sociedade.

Pinchazos

Non sei cales son as sinrazóns dos negacionistas para crer que non existe a pandemia que nos abafa desde hai 21 meses. Nin creo que cheguen a importarme os argumentos para non vacinarse, cando parece o único remedio para salvar a vida.

Levo tres vacinas; e xa se anuncia unha cuarta, coa seguridade de que o problema veu para quedar e hai que loitar contra el con todas as nosas forzas e con todos os medios que a ciencia pon ao noso dispor.

Notamos que os maiores pasean menos polas rúas, que o pecharse é obrigado polo medo ao que pode pasar, que coñecidos nosos sucumbiron ao becho, palabra que antes só se usaba para o cancro e agora tamén serve para ise inimigo traicioneiro… E moitas persoas teñen medo da escuridade do futuro previsible.

O primeiro pinchazo tranquilizounos, o segundo empoderounos, e o terceiro situounos nun nirvana sanitario no que coidamos estar por riba do mal da pandemia, e do mal normal da vida cotiá, notando unha íntima seguridade ao saber que a maioría dos infectados, e dos que caen nesta guerra sen cuartel son os non vacinados, do mesmo xeito que a maioría dos mortos no tráfico non levaban posto o cinto de seguridade.

E de repente aparecen novas cepas de virus máis poderosas, soben os contaxios, entramos en fases perigosas, vacinan os nenos… e a nosa seguridade afloxa pensando se esto será o conto de nunca acabar, pero reafírmase na necesidade de que hai poñer boa cara ao mal tempo, e pensar que cando un ano remata pode xerar unha barreira moral que separe tempos e alente os ánimos. Pois a ver se 2022 nos anima un pouco, que este século XXI está resultado un tanto ingrato.

A Audiencia de Lugo condena a dous anos de prisión a un home que incendiou o seu edificio tras reclamarlle o seu caseiro o pago de rendas

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condena a dous anos de cárcere a un home que incendiou o edificio no que residía despois de que o seu caseiro e propietario do inmoble, quen tamén vivía nel xunto á súa familia, lle enviase unha carta certificada reclamándolle o pago dunha serie de rendas e o apercibise cun desafiuzamento en caso de falta de pagamento.

O tribunal considerouno autor dun delito de incendio e tivo en conta as atenuantes de reparación do dano e de actuar baixo a influencia de bebidas alcohólicas. Os maxistrados indican na sentenza que o procesado prendeu lume á roupa de cama da súa habitación “movido polo ánimo de vinganza cara ao seu caseiro e consciente de que había máis persoas no edificio”. Tras iso, abandonou o inmoble e foise “á terraza do bar situado xusto enfronte” e tomouse “tranquilamente unha cervexa” mentres os seus veciños baixaban das súas casas ao cheirar o fume e chamaban ao 112.

A reparación dos danos causados no edificio ascendeu a 9.901 euros, cantidade que abonou o condenado antes do xuízo. O tribunal entende que o día dos feitos o sospeitoso se atopaba en estado de embriaguez.

A Deputación finaliza as obras de reparación da estrada danada pola choiva en Cervo

A Deputación de Lugo finalizou hoxe as obras de reparación dos danos ocasionados na estrada provincial LU-P-1504, en Cervo, logo de que sufrira un afundimento parte da calzada por mor das intensas choivas da borrasca Barra o 8 de decembro. A institución provincial investiu 15.000€ nestas actuacións.

O tráfico xa quedou restablecido este mediodía. Os traballos consistiron na reposición do muro de sostemento con bloques de coieira, e tamén na substitución do firme con balastro artificial para poder estender o aglomerado en quente na superficie. Unhas obras que se desenvolveron coa máxima celeridade posible, comezando este mesmo luns e rematando hoxe.

Esta vía é a que une Río Cobo coas fábricas de Sargadelos e con outros núcleos de poboación desta localidade cervense.

A alcaldesa de Vilalba solicita a Sanidade un cribado para previr contaxios nas datas de Nadal

A alcaldesa de Vilalba vén de solicitar á Consellería de Sanidade un cribado tras o incremento notorio de casos poucos días antes das datas clave do Nadal, que case duplicaron en menos de 24 horas, pasando de 24 a 45 positivos rexistrados a día de hoxe.

Segundo explicou a rexedora, “sabemos que hai preocupación veciñal polos casos que están saíndo”, situación ante a que traslada “unha mensaxe de prudencia e responsabilidade” pedindo “ás persoas que están dando positivo nos test de antíxenos que se confinen”.

A petición realizada ao Sergas vén motivada “porque estes días haberá reunións familiares e queremos previr, dentro das posibilidades existentes, a propagación do virus”. Así, ofrecen á Consellería “todos os medios que temos no concello, colaboración e o que sea preciso para facer o cribado canto antes”.

Nesta liña, lembran a necesidade de “seguir paso a paso as indicacións ante un caso positivo, e actuar con responsabilidade para frear unha posible cadea de contaxios”. Desde o concello agardan unha resposta de Sanidade acorde “ao momento que se prevé na localidade respecto aos contaxios”.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com