" />

Rescatado co helicóptero despois de que o mar o illara nunha zona rochosa

Unha persoa en apuros foi rescatada en Barreiros polo helicóptero de salvamento de Gardacostas de Galicia. O rescate dunha persoa illada nunha zona rochosa obrigou a mobilizar recursos por mar e terra no concello lucense de Barreiros.

Sucedeu ao fío das 15:30 horas de onte na Praia de Arealonga. Foi a esa hora cando un compañeiro da persoa afectada chamou ao 112 Galicia para informar da situación. Durante a comunicación cos xestores de emerxencias informou que a persoa necesitaba axuda para abandonar o lugar no que se atopaba, despois de ser sorprendida pola forza do mar, cando ambos estaban a pasear polo areal.

Así, desde o 112 Galicia activouse un operativo no que participaron equipos de Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia, Bombeiros de Barreiros, axentes da Garda Civil e efectivos de Protección Civil da localidade.

Finalmente, a persoa puido ser rescatada polo helicóptero Pesca II de Gardacostas de Galicia en perfecto estado de saúde.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo