Novas

O PSOE de Castro de Rei demanda ao Concello mellores accesos ao Centro de Saúde

Os Socialistas de Castro de Rei avanzaron hoxe que rexistraron unha moción no Concello que será debatida na vindeira sesión plenaria coa que instan ao Concello a mellorar os accesos ao centro de saúde de Castro de Rei.

Concretamente demandan ao goberno do PP “que habilite unha barandilla ou similar na rúa que da acceso ao centro de saúde pola perigosidade na que se atopa actualmente. E tamén solicitan que se revise a rampla que da acceso ao mesmo, para que cumpra con tódalas las garantías de seguridade deste tipo de pendentes”, sinalan na proposta.

Dende a Agrupación Socialista lembran que “o Concello de Castro de Rei executou obras de mellora no entorno do Centro de Saúde de Castro de Rei a través do Plan Único da Deputación 2020. E investiu un montante económico de 99.600 euros para acondicionar as beirarrúas da rúa alcalde Emilio Sinde Nieto. Pero unha vez rematadas estas obras comprobamos que distan moito de mellorar o acceso ao centro de saúde da vila e a seguridade dos peóns que transitan por ela”, advirten.

Así as cousas, explican que “por unha banda nun lateral desta rúa existe un desnivel moi perigoso para a veciñanza que pasea e accede por esa via, xa que non conta con ningunha barandilla de apoio ni tampouco ningún outro elemento de subxección que axude a o viandante a circular pola mesma”.

Por último “outra cuestión a mellorar é a rampla de acceso ao centro de saúde, xa que entendemos que non compre nin as medidas de seguridade que marca a normativa, e tampouco dispón de barandillas de acceso ou outros elementos similares para poder pode acceder a este espazo publico, que é frecuentado na súa maioría por xente de avanza idade que require de axuda”.

A Rede Museística promove un roteiro por Friol guiado polas voces das súas veciñas

O venres 16 de xullo, Friol acollerá o roteiro “Friol lembra” cun itinerario marcado a partir de audios dunha decena de veciñas que comparten vivencias, anécdotas e experiencias relacionadas con distintos lugares da vila.

A proposta é resultado dun proxecto promovido pola Rede Museística Provincial coa colaboración da Cooperativa Indaga que nos dous últimos meses recolleron testemuñas orais de mulleres mediante diferentes metodoloxías como as entrevistas en profundidade ou as conversas a tres.

A iniciativa encádrase dentro das actividades desenvolvidas pola Rede Museística para conmemorar o 15 aniversario da súa creación, centradas na relación dos museos coa comunidade e na posta en valor da memoria colectiva e o coñecemento acumulado polas xeracións de mulleres máis maiores como fonte de riqueza cultural e social.

A través da aplicación gratuíta Arquitecturas da Memoria, as persoas que participen no roteiro percorrerán as rúas, prazas e camiños frioleses da man das voces da veciñanza, accedendo a unha capa da súa historia que non se atopa en libros nin guías turísticas.

Trátase de 22 fragmentos de audio, xeolocalizados no rueiro de Friol,  que se irán habilitando a medida que se avance no percorrido. Como era a vida veciñal nas rúas e Friol fai 60 anos, lembranzas da muller que traballaba na primeira liña telefónica que houbo na vila, anécdotas da primeira vez que un grupo de mulleres pediu un viño nunha taberna ou vivencias de mulleres que pasaron parte da súa infancia cosendo, son exemplos do tipo de testemuñas que se poderán escoitar.

O paseo dará comezo ás 18.30 horas na Praza Andón Cebreiro.  Desde a Rede Museística Provincial convidan a participar nesta posta de longo desta iniciativa, que propón unha forma diferente de facer turismo e coñecer o territorio incorporando a tecnoloxía.

Burela non celebrará a Feira do Bonito tradicional e os restaurantes ofertarán as súas mellores receitas

Burela renderalle este ano homenaxe ao bonito dun xeito diferente co obxectivo de garantir a seguridade sanitaria, en palabras do alcalde, Alfredo Llano. Non haberá Feira do Bonito ao xeito tradicional con degustación de túnido en diferentes preparacións no peirao, pero o príncipe azul estará presente na hostalería local, que ofrecerá tapas e menús elaborados con este produto. O obxectivo é seguir potenciando e promocionando deste xeito o bonito de Burela.

O rexedor sinalou que “onte tivemos unha reunión amistosa con parte da restauración, dos bares e da Acia local. Tratábase de presentarlles a iniciativa que queremos facer este ano e compartir con eles, tanto desde o Concello como desde Ledicia, porque estivo presente no encontro a presidenta desta asociación”.

Llano subliñou que “este ano non imos facer a Feira do Bonito tal e como se viña realizando, non é posible, a normativa sanitaria aconsella non facer este tipo de eventos, entón imos garantir a seguridade sanitaria desta  aneira.  Non podemos facer a feira como se viña realizando de xeito tradicional ofertando unha serie de pratos cociñados alí no peirao, preparacións todas elas moi saborosas e elaboradas co obxectivo de promocionar, de distinguir e de darlle importancia á pesca no noso pobo”.

O alcalde de Burela dixo que “non haberá feira, pero si que teremos outras cousas, haberá actuacións musicais, actividades lúdicas durante a primeira fin de semana do vindeiro mes de agosto. Pero ao non haber feira pensamos en facer algo que tamén chame a atención sobre a pesca e sobre a captura desta especie e ao mesmo tempo que promocione a nosa hostalería e tamén Burela”.

Alfredo Llano engadiu que “nesta cita gastronómica, que estamos a deseñar, participarán todos aqueles bares e restaurantes que o desexen, con tapas, con menús ou con creacións para eses días. Vai ser practicamente unha semana de promoción do túnido para recoñecer a súa importancia. Pensamos que esta iniciativa é importante para o sector hostaleiro, para Burela e para Ledicia porque seguimos fortalecendo a Feira do Bonito e a pesca, algo moi importante no noso pobo”.

O Concello autoriza a Xestur á segregación de terreos nas Gándaras para facilitar o desenvolvemento da Fase II do polígono

Xunta de Goberno autorizará esta semana a concesión á Xestur dunha licenza de parcelamento no Polígono das Gándaras.

A solicitude, presentada o 14 de maio, foi resolta pola administración local “coa maior das dilixencias” para posibilitar o desenvolvemento inmediato da Fase II deste parque empresarial.

A actuación implica o segregamento, en dous predios, da denominada Unidade Funcional S – situada na rúa Juan Jacobo Durán Loriga (vial D) e Rafael Cadórniga Carro (Vial C) – cunha superficie total de 1.259.862 m², que dará como resultado unha parcela matriz de 1.162.208 m² outra denominada Unidade Funcional S, de 97.654 m². Esta última dividirase, á súa vez, noutras parcelas de diferentes tamañose tamén en espazo dedicado a zonas verdes, prazas e viarios.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez,emprazoununha nova ocasión, á Xunta de Galicia a ser áxil na urbanización do solo industrial deste Polígono así como na posta a disposición dtodos estes terreos aquelas iniciativas empresariais que poidan amosar interese por implantarse aquí.

Trátase de que Lugo non perda oportunidades económicas nun momento, ademais, no que desde o Concello estamos a impulsar a captación de investimentos co fin de que se asenten negocios na cidade e se poida crear emprego, afirmou a rexedora.

Méndez lembrou que para acadar ese obxectivo o Goberno local traballa en diferentes ámbitos, tanto a través da Estratexia Lugo Transforma, que mobiliza 12 millóns de euros na constitución dun fondo público emprendedor para atraer empresas que xeren un alto impacto social e medioambiental, como mediante outras iniciativas, da man do tecido económico e produtivo da cidade, “polo que esa dilixencia resulta tan necesaria como o mantemento dunha comunicación continúa e constante entrámbalas dúas administración que reverta nun incremento da nosa capacidade conxunta para abordar os retos desta etapa post-covid e que pasan pola recuperación e dinamización económica do municipio e o fortalecemento da sociedade a través da xeración de postos de traballo”, concluíu Lara Méndez.

Por outra banda, a Xunta de Goberno Local, autorizará tamén esta semana a reforma dunha vivenda unifamiliar na rúa Codesal (85.672 €).

A Xunta avanza na restauración do artesonado mudéxar da Igrexa de San Pedro

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade avanza nas obras de rehabilitación da igrexa de San Pedro, en Lugo, que xa loce restaurado o artesonado mudéxar, unha das escasas mostras deste estilo que existe en Galicia. Tamén están rematados os traballos nas cubertas do ciborio e dos cruceiros, e a limpeza e encintado dos paramentos exteriores na cabeceira, entre outros labores.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na xornada de portas abertas organizada para amosar á cidadanía o monumento e os traballos que se están a levar a cabo para a súa conservación, que contan cun orzamento de preto de 760.000 euros.

Representantes da empresa adxudicataria das obras, Resconsa, e o arquitecto redactor do proxecto de restauración, Justo Portela, conduciron aos visitantes a través das distintas estancias repasando as características e a historia do monumento, que está declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

A actuación que se desenvolve na igrexa -que en orixe pertenceu ao mosteiro de San Francisco- permitirá resolver as patoloxías existentes, fundamentalmente derivadas da humidade por filtracións na cuberta e nas fábricas.

Ademais mellorarase a imaxe do monumento harmonizando os acabados dos paramentos exteriores e incidirase na conservación do cruceiro e de elementos construtivos e decorativos de alto valor histórico artístico como son a portada histórica, o rosetón sur, a cornixa moldurada pétrea, o vanos góticos ou os contrafortes das capelas da cabeceira. Así mesmo, os traballos tamén incluirán a avaliación arqueolóxica na cabeceira da igrexa.

Continúa a suba de casos activos mentres que o número de positivos detectados mantense en cifras semellantes

Un día máis faise evidente a evolución negativa da pandemia do Coronavirus na nosa provincia. Con preto de 40 positivos novos detectados nas probas realizadas onte, son xa 496 as persoas que teñen nestes momentos unha infección activa detectada en proba diagnóstica. Valores que non se daban dende o 1 de marzo, cando desaparecía a terceira vaga. 

Con todo, o número de positivos mantense en cifras semellantes ás do domingo con 37 novos casos, fronte aos 32 da xornada dominical, unha suba que tende a darse xa que durante as fins de semana fanse menos probas diagnósticas. 

As altas médicas continúan sendo case anecdóticas, con 10 altas celebradas na última xornada, a toda vista insuficientes para contrarrestar os casos que non deixan de subir. 

No tocante a presión asistencial, Lugo mantense nas mesmas cifras que en xornadas anteriores, con 5 pacientes en planta, catro no HULA e un na Costa, e un paciente covid na UCI do Hula. 

E tralo aumento que se vén dando nas últimas semanas e que resulta case imparable, o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, avanzou que o comité clínico que se reunirá esta tarde modelará o nivel de restricións á situación epidemiolóxica actual. Entre outras posibilidades non se descartan cambios nos límites de grupos de persoas ou as medidas de seguridade en grandes eventos. 

Por Concellos e segundo informa o SERGAS, Lugo sería a cidade con máis positivos, que non con máis incidencia. Así, 202 positivos fronte aos 88 de hai unha semana, a capital da provincia postúlase como a zona cero do virus na provincia.

Tamén experimentaron suba de casos outros 34 concellos da provincia, os máis chamativos, Castro de Rei, A Pastoriza e Meira, que, malia que en cifras non teñen moitos positivos o certo é que a incidencia preocupa a sanidade tras o gromo surxido nunha voda. Así, Castro de Rei ten una incidencia de 354 casos por cada cen mil habitantes, Meira, 514 e A Pastoriza, suma 269. A situación en Sarria, concello en nivel alto de restriccións estabilízanse en 64 casos activos. Por último, Sanidade tamén vixía de cerca aos municipios de Lourenzá, Láncara e Carballedo con 327, 270 e 233 casos por cada cen mil habitantes respectivamente.

Cs denuncia o abandono do barrio do Carqueixo e esixe ao BNG que recupere a parada de bus

Cidadáns atacou hoxe as decisións do equipo de Goberno tras comprobar o estado de abandono que segundo a voceira da formación laranxa, Olga Louzao, está a sufrir o barrio do Carqueixo. Neste caso, Louzao apunta, especialmente, á área de Mobilidade, baixo o mando do Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, e esíxelle ao nacionalista que recupere a parada de autobús suprimida coa entrada en funcionamento dos novos roteiros e frecuencias. Para Louzao a eliminación desta parada agrava a situación de abandono que vive esta zona urbana dende hai décadas. 

Asemade, a voceira de Cidadáns explica que as vivendas situadas entre a rotonda do Hula e o trazado da A6 constitúen unha zona esquecida malia as numerosas reclamacións veciñais, que, segundo Louzao, sitúanse en torno aos 200 escritos tan só para que o autobús manteña a súa parada. Louzao criticou a “impasibilidade” de Rubén Arroxo e non comprende “que nin tan se queira visite a zona para coñecer de primeira man a opinión dos veciños”.

“O concelleiro de Mobilidade escúdase nun suposto estudo que cifra os usuarios desa parada en cinco. Algo que non representa a demanda real do servizo na zona, xa que moitos usuarios habituais cambiaron os seus costumes durante os primeiros meses de pandemia, moitos son xente maior que desde o inicio da crise deixaron de usar o bus por medo a contagios”, sinalou a concelleira. “Trátase dun barrio atrapado entre a A-6 e a LU-021 que foi ignorado ano tras ano en cada planificación municipal”, dixo.

“Non é factible que teñan que desprazarse ata Castelo para coller o autobús percorrendo un itinerario longo cun elevado tránsito de vehículos e que carece das máis mínima medida de seguridade viaria. Atravesar a rotonda do Hula ou transitar pola estrada da Fonsagrada sen beirarrúas é inviable”, dixo Louzao.

“A necesidade de recuperar a parada do bus no Carqueixo é real. Só fai falta visitar a zona. É un erro non facelo e é un erro non escoitar aos veciños. É unha zona sen beirarrúas nalgúns tramos, sen conexión con fibra, sen contendores para reciclar, mal iluminada e cunha evidente carencia de medidas de seguridade viaria tendo en cuenta o denso tráfico que se rexistra. O Goberno local debe actuar”, concluíu.

Marxismo e feminismo a ritmo de punk en Codex Cinema

Eleanor foi a filla máis célebre do filósofo e teórico Karl Marx, o home que revolucionou a historia occidental no século XIX xunto a Fredrich Engels, con obras que cambiaron para sempre o noso mundo, como O capital ou O manifesto comunista. Eleanor continuou a acción política do seu pai loitando polos dereitos dos traballadores, a erradicación do traballo infantil e a emancipación das mulleres. Considerada unha das primeiras activistas feministas, esta muller que viviu sempre á sombra do seu pai, é a protagonista de Miss Marx, que chega este venres a Codex Cinema.

A película de Susanna Nicchiarelli presenta una visión desta personaxe e do seu tempo sen ningún tipo de complexos. O gran traballo de recreación histórica (finais do século XIX) se mestura cunha  mirada desenfadada e post-moderna, mostrando a personalidade conflitiva e contraditoria de Eleanor, muller que no seu activismo foi de unha coherencia política absoluta e sen fisuras, mais na súa vida privada foi vítima da vaidade e misoxinia de Edward Aveling, un caprichoso sedutor que marcou a existencia da filla de Marx.

Así, pese a que estamos ante unha biografía dunha muller que viviu no século XIX, a mirada é absolutamente contemporánea, cun aspecto moi actual e que incluso inclúe cancións do grupo punk Downtown Boys como banda sonora. Estamos ante un filme único e refrescante, colorista e apaixonado, onde unha cineasta rende tributo a unha das figuras feministas e socialistas máis importantes da historia.

As mulleres son protagonistas tamén da nosa outra estrea da semana. A muller que escapou é a nova obra mestra de Hong Sangsoo, o cineasta surcoreano que leva 25 anos retratando a vida común da clase media do seu país, a través de comedias perfectamente medidas onde o alcohol e os condicionamentos sociais, a sedución e a loita de sexos, son a maquinaria que move as relacións humanas. Aínda que a maior parte das películas de Hong son protagonizadas por homes (moitas veces alter-ego do cineasta) nesta ocasión o protagonismo é total para as mulleres.

Seguimos a Gamhee, unha muller nova que despois de casar co seu marido deixou atrás moitas amizades. Agora que o marido se ausenta por unha viaxe de negocios, ela decide visitar ás amigas da xuventude. Nesta aventura, os soños de cando era moza, as sensacións esquecidas da xuventude regresan e fai que teña que pensar moitas cousas sobre a súa propia vida.

Estamos ante un filme lixeiro e encantador, elegante e misterioso. Un retrato realista e complexo dunha muller e da súa circunstancia, delicado e conmovedor no seu retrato da vida cotiá. Un novo éxito artístico deste cineasta fundamental que levou o premio a mellor director no pasado Festival de Berlin.

Os derradeiros días de Laura Palmer no Universo David Lynch
Chega unha entrega moi especial no ciclo que Codex Cinema adica ao cineasta David Lynch coa proxección de Twin Peaks. Lume, camiña comigo, o spin-off para a gran pantalla que o director americano fixo da súa serie de televisión de culto, onde narra os últimos días de vida de Laura Palmer, a moza desaparecida que era o centro do misterio da obra orixinal. Lynch aproveita todo o universo referencial da serie de televisión para facer unha das súas obras máis libres e imaxinativas, un carrusel de imaxes oníricas e momentos tipicamente lynchianos.

O filme foi estreado no ano 1992 no festival de Cannes, en medio dunha gran polémica polo seu carácter críptico e surrealista, masacrada pola crítica máis conservadora, pero nestes trinta anos foi rehabilitada polos entusiastas do cineasta e hoxe en día está considerada unha gran obra de culto e unha película fundamental para entender a personalidade deste artista.

Castiñeira a Tomé: ” No goberno da Deputación tamén hai que facer cambios; se algo vai mal, hai que recoñecelo e modificalo”

“O goberno provincial sufre unha parálise evidente. Pódese comprobar en distintos ámbitos da xestión, pero moi concretamente no mantemento da rede viaria da Deputación. Agora que Pedro Sánchez recoñece pola vía dos feitos que moitos dos seus ministros foron ineficaces, é un bo momento para que o presidente da Deputación, José Tomé, acometa unha remodelación do seu goberno e faga cambios
nas delegacións, empezando pola de Vías e Obras, cuxa falta de eficiencia está sobradamente comprobada”.

Así o sinala o portavoz popular, Javier Castiñeira, facendo referencia ao cambio do equipo de Goberno do Estado, despois de case dous anos de lexislatura. Tras esta remodelación do Goberno de Sánchez, Javier Castiñeira aconsella ao presidente da Deputación que “tome nota e faga o mesmo”, porque a situación na Deputación, segundo indica o popular “é parecida ou peor”.

En opinión de Castiñeira, “a Deputación precisa cambios, porque toda a provincia sabe que o delegado de Vías e Obras, José Tomé, está ausente e de aí vén gran parte dos problemas”. A este respecto, o portavoz popular di: “Todas as semanas hai queixas veciñais, que non son atendidas por ninguén, e botamos en falta ao señor Tomé. Hoxe son os veciños da Veneira en Brollón, e os de Uriz, en Begonte, os que protestan. Todas as semanas son moitas as asociacións que demandan arranxos nas vías provinciais”.

Os populares pídenlle a Tomé que “promova cambios e especialmente en Vías e Obras”, malia que, segundo Castiñeira, o presidente do Executivo “non confía no seu equipo e parécelle que todo ten que pasar por el”.  “Xa llo pedimos hai varios meses”, resalta o popular que indica que esa suposta falta de confianza de Tomé no seu goberno “estanos a levar a unha Deputación egocentrada, na que incluso os seus socios de Goberno, son incapaces de esixirlle cambios. Sabemos de alcaldes do BNG que non entenden como a Deputación ten as estradas como están”.

Os populares avisan a Tomé de que “non se durma porque en calquera momento terá aos rexedores do BNG petando cos cascos nas portas de San Marcos”, como fixeron eles recentemente para denunciar o mal estado das vías provinciais.

Detido un menor por agredir aos axentes da Policía Local que lle levantaban denuncia por ouriñar na rúa

A Policía Local detivo onte a un mozo de 17 anos de idade tras agredir aos axentes mentres estes procedían a levantalle acta de denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia tras detectar ao menor ouriñando na vía pública.

Os feitos tiveron lugar pasados 20 minutos da medianoite de onte cando unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno observou ao menor ouriñando na rúa Bispo Aguirre. Co fin de levantar acta por infrinxir devandita lei, os axentes solicitan a identificación do mozo ao que este negouse. 

Os axentes policiais informan ao menor de que, no caso de persisitir na súa negativa, terá que ser trasladado a dependencias policiais para a súa completa identificación, unha opción que tamén rexeita contundentemente, amosando aquí xa a súa actitude agresiva con patadas aos axentes. 

Os locais, proceden á súa inmobilización, ante a que o mozo opón grave resistencia. Polo que é, finalmente, detido e trasladado a dependencias policiais onde instrúen dilixencias polos delitos de desobediencia e resistencia grave á autoridade.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com