" />

Novas actividades dentro da programación do Arde Lvcvs Cvltvral

A concelleira de Xuventude, Ana González Abelleira, anunciaba hoxe, un ciclo de ponencias que amplian as actividades dentro da programación do Arde Lvcvs Cvltvral. Serán un total de catro  conferencias organizadas polo Concello de Lugo e Cohors III Lucensium, que terán lugar os dias 30 de cada mes ata decembro ás 20.00 horas nas instalacións do Vello Cárcere.

Ponencias do Arde Lvcvs Cvltvral

30 de  setembro

Antonio Rodríguez Colmenero.Cadeirádego emérito e profesor investigador ad honorem da USC.

O FARO ROMANO DE BRIGANTIUM FLAVIUM E A SÚA RELACIÓN COA CIDADE DE LUCUS AUGUSTI.

30 de  outubro

Almudena Santos González. Graduada en Turismo.

SEMBRANDO NOVOS RETOS PARA UN ARDE LVCVS EUROPEO.

30 de  novembro

Ana Goy Diz. Cadeirádega de Historia do Arte da USC.

POSIBILIDADES DE INTERVENCIÓN NO EDIFICIO DO CUARTEL DE SAN FERNANDO TRAS A DECLARACIÓN DE BIC.

30 de decembro

Gabriel Castelló Alonso. Escritor de novela histórica.

GUERRAS CIVILES ROMANAS EN HISPANIA.

A concelleira quixo destacar a “implicación das asociacións” para manter as actividades culturais previstas, para, por un lado, manter o espírito e a chama da celebración. “Debemos reiventarnos por unha cuestión anímica, de insuflar optimismo á veciñanza” e quixo agradecer de novo “o gran traballo realizado polas 19 asociacións de recreacións histórica do municipio e a cidadanía en xeral, que se involucran ano tras ano no Arde Lvcvs e no Arde Lvcvs Cvltvral”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo